1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

230412 75Galiza - AC Bou Eva - O nome da nosa asociación ven do asalto ao Bou Eva, no que morreron 9 persoas pola represión franquista en Vigo.


Este luns 23 de abril ás 20:30h renderémoslles homenaxe no Berbés, na praza da Ribeira, 75 anos despois.

Haberá recital poético con música.

O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller dispúñanse a fuxir a Francia por mar desde o porto de Vigo.

Anxo Nogueira Nogueira, Carmen Miguel Agra, Jose Losada Castelao, Manuel Rodríguez Castelao, Luis Álvarez González, Camilo Campos Méndez,

Jose Rodríguez Lorenzo, Fernando Rodríguez Lorenzo e Manuel Martínez Marono.

Eran galeguistas, socialistas, comunistas e anarquistas.

Tras seren delatados, posiblemente por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco, abeirárono a un alxibe do porto e asolagaron a adega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense aos falanxistas.

Este suceso foi omitido polo réxime franquista e nulamente difundido durante a mal chamada Transición española.

Foi o suicidio colectivo máis grande da Guerra Civil, e o pobo de Vigo continúa a descoñecer a súa tráxica historia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.