O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller dispúñanse a fuxir a Francia por mar desde o porto de Vigo.
Foi o suicidio colectivo máis grande da Guerra Civil, e o pobo de Vigo continúa a descoñecer a súa tráxica historia.
Eran galeguistas, socialistas, comunistas e anarquistas.
Tras seren delatados, posiblemente por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco, abeirárono a un alxibe do porto e asolagaron a adega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense aos falanxistas.
Este suceso foi omitido polo réxime franquista e nulamente difundido durante a mal chamada Transición española.