1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

escGaliza - EsCULcA - Após case 20 días de inactividade da administración.


O pasado dia 5 de febrero, EsCULcA presentou xunto da Valedora do Pobo queixa para a adopción de medidas urxentes en relación á inactividade da administración da Xunta de Galiza con competencias en materia de emerxencias, así como do Ministerio de Interior, en relación á desaparición de M.S.L., veciño de Cerza (Vilasantar) que leva mais de 20 días extraviado no monte.

EsCULcA fundamente a sua Queixa no seguintes feitos:

M.S.L., veciño de Cezar (Vilasantar) desapareceu nun monte próximo da súa propiedade o 20 de febreiro e até agora, salvo un efémero dispositivo de busca de dia e medio, activado 5 ou 6 días despois da desaparición, a administración non tomou medida adecuada algunha para o localizar a pesar de M.S.L. padecer, segundo diagnóstico médico provisorio, sintomatoloxía psíquica do tipo ideación delirante.

Ese día, 20 de xaneiro, sobre as 10:00 – 10:15 da mañá preséntanse na explotación de M.S.L. membros da Consellaría acompañados por 4 axentes da Garda Civil, con orde de retirarlle a parte do gando que se considera excede a capacidade de alimentación de que dispón M.L.S. Os axentes da Garda Civil conducen M.S.L. a un canto do establo para evitar que interfira na retirada do gando en canto os familiares permanecen afastados do lugar dos feitos a petición da Garda Civil. Esta actuación altera M.S.L., que escapa por un pequeño xanelo sen outra roupa que a que veste nese momento (traxe e botas de auga), sen documentación e sen diñeiro.

Cando se lles comunica que M.S.L. escapou, os familiares solicitan axuda para o localizar e os gardas reponden que non é preciso, que xa voltará cando teña fame. Non aceptan que a familia presente denuncia por desaparición alegando que é preciso agardar 24 horas. Durante ese día e a noite seguinte un automóvil da Garda Civil permanece estacionado diante da casa.

O gando para o sacrificio é retirado da corte a eito, sen os funcionarios teren en conta o estado en que está cada animal. O veterinario do matadoiro négase a sacrificar parte del por considerar que non está en malas condicións. Esa tarde, un camión da administración devolve parte do gando á explotación de M.S.L.

O día 21 a familia presenta denuncia pola desaparición e volta pedir axuda para localizar o desaparecido. A Garda Civil aconsella fotocopiar cartaces no concello coa fotografía. O concello cobra as fotocopias á familia.

Entretanto, na zona circulan algún vehículos da Garda Civil, supostamente  na procura de M.S.L. Non se trata dunha busca sistemática xa que os membros do instituto armado consideran que se trata dun fuxitivo non dun desaparecido.

A familia, coa axuda dalgúns veciños, tenta localizalo nos montes da zona. Solicita ao alcalde de Vilasantar que demande a colaboración dos GES de Curtis e el responde que non é posibel xa que non dispón de persoal armado. Fala co alcalde de Curtis para que o GES empece a actuar e tamén este responde que non é posibel.

O día 24 a familia contacta o servizo de Emerxencias e solicita a colaboración de persoal cualificado para o buscar con axuda dos cazadores da zona. Emerxencias contesta que non pode actuar sen orde da Garda Civil. Cando a familia pede que se expida a orde, a Garda Civil contesta que non é preciso, que xa aparecerá.

Nos días sucesivos a busca continúa coa participación de veciños e outras persoas solidarias, sen que a Garda Civil acepte coordinar os traballos.

Unha deputada do Parlamento Galego fai xestión co Director Xeral de Emerxencias e o Delegado do Goberno e, por fin, o día 27 é activado o dispositivo de busca que se mantén día e medio.

O día 29, a familia recibe a visita dun coronel da Gardia Civil, acompañado do alcalde, para informar que, co 90% de posibilidades, M.S.L. foi localizado por unha patrulla na zona de Castro de Rei, Lugo e está en boas condicións. Tamén indica á familia que non debe falar coa prensa para que o desparecido se confíe.

O día 30, a familia leva cartaces para colocar na zona e contactan co tenente da Garda Civil de Vilalba, responsábel da lugar en que a Garda Civil afirma ter localizado M.S.L. O tenente manifesta a súa sorpresa e afirma descoñecer o dato. Pede unha fotografía e, despois de confirmar que fora presentada denuncia por desaparición,  ordena escaneala e enviala a todos os cuarteis da provincia de Lugo.

Despois de varios días sen notícas, o día 5 de febreiro os familiares solicitan na comandancia da Garda Civil da Coruña, sen resultado, unha entrevista co mando  que se comprometera a os manter informados. Pola tarde reciben unha chamada da Garda Civil de Curtis para lles comunicar que non hai noticias e os conminar a non chamar á Comandancia da Coruña.

O día 6, presentase na casa da familia un alférez da Guardia Civil que lles pede tranquilidade. Afirma que é “case seguro” que está en Castro de Rei, sen explicar en que fundamenta esa afirmación.

Queixa de EsCULcA

EsCULcA estima que estes feitos determinan violación de dereitos consagrados no Título I da Constitución Española de 1978 por unha Administración Institucional da Xunta de Galiza en colaboración da Administración Estatal (Garda Civil-Ministerio de Interior). En concreto, estima que existe infracción do dereito á vida e integridade física no art. 15 da CE, así como do art. 49 do mesmo texto. Hai sen dúbida un evidente risco para a vida e integrida física de M.S.L., non só polas razóns normais no caso de calquer persoa desaparecida senón tamén en virtude da patoloxía que padece.

Por esta razón, EsCULcA reclama a incoación de expediente de queixa e solicita da Oficina da Valedora do Pobo que, con carácter inmediato e cautelar, formule recomendación ás administracións competentes para que activen un protocolo de busca semellante ao activado en casos análogos a este.

Ver aquí a Queixa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.