1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

191115 pardGaliza - EsCULcA - Presos agredidos e sen atención médica, actividades nen ensino obrigatorio.


O 16/11/2015, Fernando Blanco, en nome e representación de EsCULcA, interpuxo queixa xunto da Defensoría del Pueblo para instar a abertura de expediente e investigación da situación do Módulo núm. 15 do C.P. de Teixeiro (de isolamento) onde, segundo testemuños recollidos polo noso observatorio, se producen vulneracións constantes de dereitos fundamentais.

Estas vulneración prodúcense tanto no que se refere á atención cotidiana aos presos canto no que a malos tratos di respecto. En concreto, EsCULcA puido constatar a total ausencia de actividades de tratamento no módulo 15, a falta de seguimento da saúde física e mental dos penados alí recluídos e a práctica de agresións de funcionarios a internos.
Casos concretos

J.A.S.B. denuncia ter sido agredido por varios funcionarios o pasado 6 de novembro, sobre as 12:30-13:00, cando se encontraba no módulo de ingresos aonde fora trasladado despois dunha visita ao dentista. Na agresión terían participado un xefe de servizos e outros 5 funcionarios, que bateron en J.A.S.B. con defensas de goma encanto este permanecía alxemado. A agresión, segundo o propio denunciante, teríase producido como represalia pola protesta que protagonizaran o día 4 de novembro varios internos para denunciar as duras condicións do citado módulo.

Pola súa parte, S.S.M. denuncia que a pesar de ter diagnosticada patoloxía psiquiátrica leva mais dun ano sen ser examinado por especialista e ainda que xa cometeu numerosos intentos autolíticos non foi incluído no programa de prevención de suicidios. Despois dun ano de reclusión no citado módulo 15, subliña, a traballadora social só se entrevistou con el en 3 ocasións, a psicóloga do centro en 5 e o educador en 7.

Os dous internos permanecen nestes momentos recluídos nunha galería do módulo de isolamento chamada Ala Corta, onde é costume trasladar os presos en situación de aplicación do medio coercitivo de isolamento preventivo após algún incidente. A ningún deles foi entregada notificación algunha nin lles foron devoltas as súas pertenzas.

A situación no módulo 15

As razóns das queixas dos internos, que motivaron a acción de protesta do día 4 de novembro, alicerzan na ausencia actividades programadas no módulo, na contaxe nocturna, na actitude sobranceira dos funcionarios, na desatención dos servizos penitenciarios, etc...

Non sendo o material escolar que reciben algún día á semana grazas ao esforzo persoal do director da escola, os presos permanecen 21 horas ao día encerrados nas celas sen ningún tipo actividade, o que supón unha situación de execución da pena contraria ao principio de humanidade das mesmas. De feito , o formulario do seu Programa Individualizado de Tratamento (PIT) recolle como liñas tratamentais apenas dúas xeneralidades : a.- Normalización Conduta e b.- Ocupación positiva do tempo en prisión.

Tamén a contaxe nocturna con que os funcionarios interrompen reiteradamente o sono dos presos (nalgunhas ocasións até 3 veces por noite), outras humillacións a que os someten ou as escasas entrevistas coa traballadora social, a psicóloga e o educador motivaron a protesta colectiva do día 4 de novembro.

Por outra parte, cando se produciu o incidente (queima de colchóns) as persoas encarregadas de apagar o lume foron outros internos, non os funcionarios responsábeis da seguranza do recinto. A pesar de presentaren síntomas de intoxicación por inhalación de fume, os funcionarios negaron aos catro presos que nese momento estaban na galería e pediron ser recoñecidos polo médico, calquer tipo de atención sanitaria.

As infraccións da normativa penitencia que esta situación determina son numerosas e mais en concreto, do punto de vista da tutela de dereitos fundamentais, aténtase contra o dereito á dignidade (art. 10), vida e integridade física (art. 15), carácter rehabilitador da pena (art. 25).

Ver aquí a Queixa enviada por EsCULcA á Defensoría del Pueblo.

Foto: Carlos Pardellas


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.