1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

310815 caixaGaliza - Revista Abordagem - Chegounos ao correo o seguinte texto, reivindicando unha sabotaxe realizada en Pontevedra en relación coa semana de solidariedade cos presos e presas anarquistas, que reproducimos ao completo. 


Viña acompañado de varias fotos, como eran bastante parecidas deixamos só unha. Aquí vai o contido do correo recibido:

“Non hai lugar para o temor nin para as esperanzas; só queda buscar novas armas”

– Gilles Deleuze, Post-Scriptum sobre as sociedades do control.

Miramos o reloxo ao borde do baleiro. Vemos acelerar as horas e sentimos como esas agullas crávannos no chan para que desenvolvamos todas esas obrigas e funcións patéticas que a civilización burguesa pretende impoñernos. Estrangúlanos o tedio, violéntanos a normalidade e a vagancia e o agobio culminan o traballo sucio para reiniciar outra vez rutinas asfixiantes. A nosa esperanza é evacuada polos desagües da nosa autocensura e rematan estancadas nas cloacas das nosas cheirentas excusas, escribindo a nosa propia sentencia de morte mentras alguén observa dende o seu despacho e búrlase de nós. Cansxs de habitar este deserto existencial decorado con luces de cores e ilusións consumistas, e con motivo do chamado a unha semana de axitación solidaria polxs presxs anarquistas, decidimos pasar unha noite sabendo que podemos facer moito máis e de que este xesto non abonda. O conflicto debe aspirar á permanencia indeleble, á vontade ansiosa, impaciente e excesiva por rachar con calquera cadea pero mentras tensamos a corda e afiamos a nosa xenreira, reclamamos polo momento o seguinte:

A noite do pasado sábado 29 de agosto en Pontevedra individualidades anárquicas unidas só polas nosas afinidades e amizade mesturámonos entre a xente que disfrutaba dunha noite máis de excesos e festa pola cidade para levar a cabo a nosa pequena contribución á Semana de solidariedade e axitación polxs presxs anarquistas.

Catro caixeiros automáticos foron saboteados rociándoos con pintura en sprai de cor negra, cubrindo a pantalla. Dos catro caixeiros inutilizados, 3 pertencían a sucursais de Banco Santander. Banco Santander é a única entidade financieira que se encarga de xestionar todos os cartos dos peculios nas prisións do Estado español. Así, anualmente, obteñen enormes cantidades de cartos grazas a que forman parte esencial da maquinaria de explotación, tortura e exterminio que supoñen os cárceres da Democracia. Por iso, decidimos centrarnos nas sucursais que este banco posúe no centro da cidade: A sucursal da Praza da Peregrina, a da contigua rúa Michelena, e a da rúa General Gutiérrez Mellado a tan só uns metros da anterior. As 3 viron os seus caixeiros escarallados e ademáis, na última pintamos unha A circulada no cristal da porta, por se lles queda algunha dúbida de quen os atacou. Fodimos tamén o caixeiro da sucursal que Banco Sabadell ostenta ao carón da oficina de Correos, na rúa Oliva. Que conste que non dicimos isto para xustificarnos ante ninguén. Non precisamos excusas nin explicacións para escachar, pintar ou prender lume nos bancos. Atacamos os bancos porque nos da a gana, porque é divertido e fainos sentir vivxs, e porque non nos apetece seguir aturando a tiranía de vivir encadeadas polas cifras e as variables da economía. Se aclaramos isto é porque para nós os ataques ás entidades que se lucran coas prisións supoñen unha parte fundamental de toda campaña ou convocatoria anticarcelaria. Por un lado, envía unha mensaxe nun grito ao aire que racha o silencio e expón e visibiliza o papel destas entidades dentro da maquinaria represiva do Estado; polo outro, inutilízanse aínda que só de xeito temporal e efímero os medios e mecanismos dos que esas entidades dependen para facer circular o seu diñeiro e as súas mercadorías.

Por certo, vimos que algunha de esas pantallas estaban raiadas ao día seguinte, como se alguén tivera rascado a superficie tentando eliminar a densa capa de pintura que nos aseguramos de deixar. O voso intento por contrarrestar o noso acto pareceunos moi gracioso.

Sabemos que pintar uns cantos caixeiros non basta para frear a engranaxe que nos aplasta. Nin sequera sentimos que nos realice dentro da nosa praxe. Sen querer xerarquizar uns métodos sobre outros, recoñecemos que todavía nos falta a determinación necesaria para golpear de xeito verdadeiramente contundente e asumir realmente os riscos da coherencia sen volta atrás en pos das posibilidades. Non poñeremos as condicións nas que vivimos como excusa porque hai persoas que incluso nas peores condicións enfrentáronse ao destino que as autoridades lles designaron e puxeron todo en xogo, mudando por completo o guión e arriscando a liberdade e a vida sen tempo para tartamudeos nin dúbidas. Alén, queremos afirmar que aínda que recoñecemos que todavía non estamos listxs, a nosa vinganza está perdendo o medo e aprendendo a desenvolverse nestas rúas infestadas de cámaras, vixiantes e cidadanía con mentalidade policial. Agardamos, pese a todo, que este pequeno xesto faga sorrir axs nosxs compañeirxs en prisión. Tamén agardamos que se produzca un contaxio. Respostemos ás súas mordazas cos nosos mordiscos máis feros amosando ben os dentes.

Que a anarquía sexa un feito constante e non un vello poema esquecido na historia…
Que as nosas negacións da orde dominante se atopen na rúa e as nosas conspiracións deixen de ser tímidos soños para facerse realidade…
Ata que a fantasía e o amor cómplice destrúan a gris apatía desta sociedad carcelaria, para que podamos bailar e construir todas as utopías sobre as ruínas das prisións que este sistema constrúe e administra a diario ao noso arredor na súa obsesión por engaiolar todo desexo de vivir libre.

Dedicamos isto con raiba e conciencia para xs nosxs compañeirxs presxs ou represaliadxs en Grecia, Italia, Estado español, Suíza, Francia, Alemaña, Rusia, Bielorrusia, República Checa, Francia, EE.UU., Canadá, Venezuela, Chile, México, Nova Zelanda etc. Porque leemos as vosas cartas e as vosas palabras determinadas e convencidas no ollo da treboada fannos sentir dentro de nós unha voráxine de sentimentos que non podemos expresar pero que encántanos poder recoñecer coma nosos tamén, e que empúrranos a querer chegar máis e máis lonxe. Que os barrotes vos sexan leves. Forza tamén para as persoas represaliadas nas operacións Pandora e Piñata.
Forza para quenes percorren sendas prohibidas fuxindo do encerro.
Forza para quenes a pesar da represión e os temores, sacan peito na rúa e imaxinan e crean aquí e agora unha realidade á marxe do existente e as súas barreiras, fronteiras e limitacións físicas ou psicolóxicas, materiáis ou invisibles.

– Anarquistas contra un mundo engaiolado.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.