1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

3087775321 1e9cd3032c zGaliza - Esculca - Padecía un transtorno bipolar.


Foto de Liliane Callegari (CC by-nc/2.0/) - Hal 9000, o homem morto por tiro da Guarda Civil espanhola e conhecido baterista.

Familiares de J.F.F., morto o 26/08/2015 por disparo dun Garda Civil que acudira a unha chamada por suposta violencia machista, asegura que van pedir responsabilidades "contra todas as persoas que actuaron erroneamente"."Neste caso a Garda Civil cometeu un erro e teñen que o recoñecer. Non é violencia de xénero é unha doenza crónica", declarou A.A., sogra da vítima.

A.A. explica que a familia quer "esclarecer as contradicións" que hai entre o que afirma a familia e  a versión oficial.

"Hal -como alcumaban o falecido- era un mozo amábel e xeneroso, un doente crónico de trastorno bipolar que estaba en tratamento mais o psiquiatra tivo a inspiración de retirtarlle o tratamento", asegura A.A. sobre o seu xenro, ex batería do grupo rock Os Piratas.

Relata que o xenro estaba "moi nervoso" polo nacemento do fillo, "que foi unha alegría, mais tamén un motivo de preocupación tremenda, porque era moi devoto da familia".

"Onte tivo un brote psicótico máis forte" e cando se levantou comezou "con delirios" e a levar a contra á filla, "que tiña un pouquiño de medo, mais non de que a fose a matar".

"A miña filla chamou os amigos para que viñesen tranquilizalo e despois saíu fora co neno. El estaba fóra de casa, espido e a garda civil fíxoo entrar, non sei por que razón", relata A.A.

"Ao verse encurralado imaxíno que se poría nervoso e colleu un coiteliño. Isto custoulle a vida, para nós é un erro porque a garda civil estaba avisada de que era un doente e tiñan que actuar con outros métodos", afirmou.

Canto á posibilidade de o xenro ter chegado a agredir a filla recoñece que lle deu un bofetón ,“non ten escusa", aínda que foi "a primeira vez en dez anos que vivía un episodio así", en alusión á doenza do agora falecido.

"Levaba as pautas do tratamento e estaba perfecto mais ao retirarlle este psiquiatra a medicación estragouse todo", sinala a sogra da batería do grupo musical, que di que a filla leva moi mal a situación porque non lle gusta que se manipule a historia".
"Non imos defender un maltratador, defendemos unha persoa que foi vítima dun erro", conclui.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.