Foto do Diário Liberdade - Seres humanos manifestam-se à frente de polícias no Dia da Pátria em 2014.
A central nacionalista considera que con esta reforma da lei de seguridade cidadá, “o PP devólvenos a tempos pasados nos que a represión e a censura eran a forma de coartar as liberdades públicas”. Denuncia que o “descarado obxectivo” desta lei é a “represión e criminalización da resposta social” e alerta de que vai provocar unha volta atrás, sen precedentes, para o exercicio de dereitos fundamentais e liberdades públicas.
Para a CIG o PP pretende garantirse instrumentos que lle permitan actuar de forma directa sobre os movementos sociais sen agardar que iso poida ir pola vía penal, “convertendo o conflito social que eles mesmos provocan nun continuo conflito de orde pública”.