1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

120810_servicosGaliza - CIG - A empresa Sidecu, encargada da xestión de polideportivos e piscinas, vén de despedir de forma improcedente a unha empregada.


A federación de Servizos da CIG da Coruña denuncia as represalias que están a sufrir por parte da empresa algúns dos traballadores/as que participaron o ano pasado na folga de instalacións deportivas. O sindicato nacionalista sostén que Sidecu, a compañía encargada da xestión do polideportivo de San Diego e das piscinas de Oleiros e Perillo, entre outras, está a someter o persoal a unha presión continua e nas últimas semanas levou a cabo varios despedimentos, o último deles improcedente.

Nun primeiro momento foron os cambios constantes no horario de traballo, aínda que dende hai semanas está levando a cabo unha serie de despedimentos, curiosamente o de aquelas persoas que destacaron pola súa combatividade durante a protesta. O último deles produciuse a semana pasada na piscina de Perillo. Sidecu recoñece a improcedencia do despedimento da traballadora e asume a indemnización de 45 días por ano traballado. "Esta decisión resulta cando menos sorprendente, tendo en conta que durante a negociación do convenio colectivo a patronal negábase a asumir a táboa salarial proposta polos traballadores/as alegando atoparse en dificultades económicas", explica Adolfo Naya, secretario de Organización da CIG-Servizos da Coruña.

Dende a central nacionalista sinalan directamente o xefe de recursos humanos da empresa, Miguel Seisdedos, como responsábel da situación "por permitir as represalias contra o persoal cando se comprometera a non adoptar ningunha medida represiva no acordo que puxo fin á folga". Diante disto, a CIG-Servizos reclama a readmisión inmediata da traballadora despedida e o cese das represalias. Do contrario, non descarta iniciar unha serie de mobilizacións nas instalacións xestionadas por Sidecu ou incluso no Banco Pastor, accionista maioritario da compañía. Finalmente, anuncia que vai solicitar reunións cos alcaldes de Perillo e Oleiros para informalos do sucedido e instalos a que adopten as medidas pertinentes "contra unha empresa que actúa dun xeito totalmente autoritario e antidemocrático".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.