1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

640px Azotea La Voz de Galicia Radio Voz VigoGaliza - Ativistas da Corunha - Onte, día 20 de maio, pola mañá tres activistas da Coruña espertaron cunha inquietante sorpresa.


Foto de HombreDHojalata (CC BY-SA 4.0) - La Voz de Galicia, conhecido panfleto publicitário, com interessantes qualidades para a limpeza de chans ou para uso na casa de banho - nom como leitura, evidentemente.

O diario La Voz de Galicia facilitaba os seus nomes completos cos seus dous apelidos, nun artigo anónimo, acusándoos de "danar mobiliario urbano con publicidade do PP" engadindo que lles pode caer unha posible multa de miles de euros. Aínda que a teor dos feitos sería máis honesto afirmar: "todo indica que non serán multados", xa que o propio artigo recoñece que os axentes non os viron realizar ningunha pintada nin provocar ningún dano ao mobiliario público.

Chama a atención que este xornal cando fala dun violador ou un asasino pillado "in fraganti" mantén o dereito á intimidade do detido poniendo, como moito, as súas iniciais, pero neste caso que se trata dun suposto dano á publicidade do PP, non mantén o mesmo criterio.

En vista de tal actuación, compañeiros das persoas afectadas acudiron ao Gabinete de Comunicación da Policía Nacional a informarse, o cal mostrou o seu total apoio e comprensión, aseguraron que esa información non a facilitaron eles e que consideran inadmisible que un medio de comunicación facilite datos persoais en ningún caso, independentemente da culpabilidade ou non dos identificados e da gravidade dos feitos que se lles imputan.

Posteriormente foron á Oficina da Atención do Cidadán da Policía Local, onde lles aseguraron que a información que facilita o xornal anteriormente mencionado, non ten nada que ver coa nota de prensa que eles enviaron o día anterior na que, evidentemente, só aparecían as iniciais dos nomes. Do mesmo modo, afirman descoñecer de onde puido sacar a devandita información o diario, pero salientan que non saíra dende esa comisaría polos medios oficiais.

"A estas alturas xa non entendiamos nada", din os e as activistas solidarios, "polo que nos tivemos que desprazar á sede de La Voz de Galicia" sita na Ronda de Outeiro nº1. Alí atendeunos o xornalista Francisco Espiñeira, o cal asegurou que a información que el posuía sacáraa dun atestado da policía local e que tamén tiña un vídeo, información que, "evidentemente, se obtivo por medios ilegais, xa que tanto a policía local coma o nacional negan terlla subministrado polas vías ordinarias" - explican. Para probar tan terribles afirmacións, comentou "con prepotencia e chulería" que "si pongo vuestros nombres y los acierto, por algo será, está claro que no me los inventé". A esta proba pódese engadir outra: ao falar do noso compañeiro Javi, afírmase "que ya fué identificado en otra ocasión por montar un palco sin permiso en Palavea". Esta información só puido saír da base de datos da policía local, porque o incidente foi tan pequeno que o propio identificado a penas o recordaba e non houbo ningunha denuncia posterior por dito feito.

En calquera caso, é evidente que os activistas foron identificados por unha patrulla da policía local na madrugada do luns ao martes, polo que se os datos persoais que se obteñen durante a identificación non se empregaron coa debida dilixencia, entenden que corresponde ao referido corpo a responsabilidade de tan grave actuación.

A todo o xa referido hai que engadir que o citado artigo se publicou o pasado día 20 de maio (só 4 días antes da celebración das eleccións municipais), que fai referencia a uns supostos danos na propaganda electoral do Partido Popular, que as actuacións do Corpo da Policía Local da Coruña son responsabilidade do mesmo Concello, e que existe unha clara afinidade entre o diario que publica o artigo e o goberno do señor Negreira. Por estes motivos non sería desatinado pensar na relación do señor alcalde con estes feitos.

Por todo isto, activistas da Coruña solicitan:

- O arquivo da causa contra os compañeiros, se é que a houbese, xa que a mala fe ou neglixencia dos axentes da policía local queda perfectamente demostrada, ao teren filtrado de forma irregular datos de carácter privado ao diario La Voz de Galicia, así como na súa negativa a levantar acta no lugar dos feitos, a pesar da petición expresa dos nosos compañeiros.

- Que se investigue quen foi o axente ou axentes da policía local responsable/s da filtración, e que se tomen as medidas legais oportunas contra el e que se impida que actos tan lamentables volvan suceder.

- Que se tomen as medidas legais oportunas contra La Voz de Galicia polo enorme dano causado aos nosos compañeiros dun xeito tan inxusto como irregular. A noticia provocou unha enorme tensión aos familiares dos mesmos, así como situacións comprometidas nos seus postos de traballo e unha maior dificultade á hora de buscar traballo para a persoa que se atopa en situación de desemprego.

- Que se esixa ao xornalista Francisco Espiñeira que revele as súas fontes de información deste artigo, xa que tanto a policía local coma o nacional nos aseguran que non se obtivo polas vías pertinentes. No suposto caso de que incorrese nun delito na obtención da información confidencial (todo parece indicar que así foi), que se emprendan as medidas legais oportunas.

-Que se estude se o alcalde da cidade, o señor Carlos Negreira Souto, puido exercer presións sobre algúns axentes do Corpo da Policía Local, como así sospeitan polos motivos anteriormente citados.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.