1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

291114 ofimGaliza - SDCorunha - Dende os colectivos Elviña non se vende, Stop Desafiuzamentos Coruña, Plataforma Contra a Represión, Coruña Sen Teito e Salvemos Bens informan da convocatoria conxunta da manifestación contra a represión o día 25 de Abril con sda ás 20:00h da Praza de Ourense coruñesa.


Foto de Galiza Contrainfo (CC by/sa/nc) - Violento fardado ataca solidárias e solidários durante o despejo de umha casa no Ofimático da Corunha.

Anteriormente, convócase unha bicicletada con saída ás 18:00h do Campus de Elviña dende o Edificio Xoana Capdevielle. O obxectivo desta convocatoria é amosar o seu rexeitamento á represión institucionalizada que están a padecer os movementos sociais na súa loita cotiá.

Ao longo dos últimos meses, diferentes colectivos da cidade experimentaron unha escalada represiva en forma de multas e sancións administrativas que, lonxe de amedrentar ás redes de solidariedade tecidas ao abeiro da carencia e necesidade insatisfeita que fíxose mais visible e manifesta durante os últimos anos, sirven como detonantes da solidariedade colectiva e das redes de apoio mutuo que tanto na cidade da Coruña como ao longo do Estado Español, conforman unha realidade en crecemento imposible de deter.

A organización Stop Desafiuzamentos leva acumulado xa 17.000 euros en multas nos últimos anos por defender o dereito á vivenda e tentar evitar os desafiuzamentos na nosa cidadeSancións que se caracterizan "pola súa arbitrariedade (4 persoas acumulan preto da metade delas), a falta de identificación dxs imputadxs (cada vez é máis evidente a existencia de listas negras ilegais) e pola orixinalidade dos surrealistas partes policiais, máis semellantes a un guión cinematográfico dunha peli ianky de serie B, que ó suposto documento oficial e rigoroso que se lles presupón", denuncian.

Esta represión vese incrementada nos últimos meses coas loitas dos veciños do barrio de San Vicente de Elviña, xa que a causa dodesafiuzamento da familia Corral por motivos especulativos, esta quedou sen a casa onde naceron e creceron tres xeracións. A partir de aquí, incrementouse o acoso e a criminalización que se traduciu en máis de 7.000 euros de multas en menos de dous meses por mobilizacións de resistencia deste barrio, pois varixs veciñxs seguen en risco de perder a súa vivenda.

Destacan tamén a persecución que sofren "xs nosxs compañeirxs anarquistas nas recentes montaxes policiais chamadas “operación Pandora” e “operación Piñata”, nas que 26 persoas son acusadas de pertenza a organización criminal sen ningunha proba, e son imputadas como terroristas por, no mellor dos casos, simples delitos menores".

A todo isto súmanse xs presxs políticxs comunistas, independentistas, anarquistas etc. que levan moitos anos na cadea por loitar por un mundo máis xusto. Entre eles hai varixs con gravísimas enfermidades (cancro, hepatite C, sida...) que seguen a cumprir condena sen recibir os tratamentos e as operacións que precisan, supoñendo, na práctica, unha pena de morte encuberta.

Unha pena de morte que tamén se aplica ás persoas sen teito: no estado español morre unha persoa sen teito cada cinco días. Habendo arredor de 40.000 persoas na rúaas medidas que se toman no referente a este colectivo son sempre de tipo policial ou caritativo. O pau e a cenoria. A loita por un aloxamento digno para a poboación sen teito viviu nos últimos anos algunhas vitorias exiguas que non deixan de ser meros parches á falta dun programa que permita facilitar casa permanente.Toda esta represión verase incrementada a partir do 1 de xullo, cando entre en vigor Lei Mordaza, o novo Código Penal e a novalexislación antiterrorista. O obxectivo que persegue é provocar o medo e a desmobilización cidadá cunha estratexia do medocontrol eatemorización poboacional que dende as forzas do Estado xa están a implementar e institucionalizar como resposta á vaga de solidariedade e empoderamento colectivo.

As sancións económicas provocan a invisibilización da verdadeira natureza represiva do Estado, xa que non son faltas administrativas, senón castigos á solidariedade e á acción colectiva. O que está en xogo é a capacidade de autoorganización e de reivindicación da dignidade. "Non podemos permitir que silencien as nosas voces, as nosas loitas, a nosa solidariedade", reivindican.

Por todo isto lembran que o sábado 25 de abril dende as 18:00h tomarán as rúas da Coruña coma demostración de que a solidariedade e a conciencia colectiva é a única saída. Agora máis que nunca: CONTRA A REPRESIÓN, MOBILIZACIÓN! A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO! SE TOCAN A UNHA TÓCANNOS A TODAS!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.