1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

csrpGaliza - CSRP - A educación, como o resto de sectores públicos, tamén está a ser recortada e vendida aos bancos e ás empresas privadas. Isto condena a milleiros de estudantes a padecer unha educación de peor calidade ou a quedar excluídos do ensino superior por non poder permitirse pagar as privativas taxas da Universidade "pública".


Ante isto, o estudantado non permanece impasible e loita polos seus dereitos ao igual que o fan outros sectores da sociedade. Pero como estamos acostumados a ver, o Estado responde ante calquera tipo de protesta con máis e máis represión, especialmente se falamos de mobilizacións da mocidade combativa.

Esta represión exprésase nunha desproporcionada presenza policial en todas as mobilizacións estudantís, en rexistros e identificacións arbitrarias, en cargas policiais ou en detencións inxustificadas, como as que xa vimos nos últimos tempos en Santiago ou noutros puntos de Galiza. Isto acaba traducíndose en cuantiosas multas ou na apertura de procesos xudiciais para os estudantes que loitan.

Dende o Comité de Solidariedade coas Represaliadas Políticas (CSRP) de Compostela cremos que con esta represión só buscan amedrentar aos estudantes e limitar o seu dereito á folga e á manifestación. Por iso esiximos:

A inmediata absolución de todos os estudantes procesados por protestar. Así como a retirada de multas e de todo tipo de sanción en protestos estudantís.

O respecto do dereito á folga, á manifestación, á libre expresión do estudantado. Isto pasa polo cese de rexistros e identificacións arbitrarias. Así como pola non presenza de corpos de represión no campus e en calquera mobilización estudantil.

Absolución estudantes procesadas por protestar!
Fóra os corpos de represión do campus e das manifestacións!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.