1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290315 cansGaliza - Revista Abordagem - No pasado día 16 de marzo, 2 axentes da policía local de Compostela identificaron e agrediron con violencia no parque de Belvís un mozo que observara un incidente protagonizado por outras persoas, segundo relatan testemuñas presenciais.


Os axentes negáronse a mostrar o número de identificación persoal e mantiveron unha atitude ameazante perante os requerimentos do agredido.

Os feitos

Na zona habilitada para pasear cans ceibos (unha zona non demarcada por sinais ou valados) varias persoas que se encontran no lugar ven dous axentes da policía identificaren unha parella e observan como a muller é tratada con violencia. Unha das testemuñas, Y.R.O.A. , aproxímase co ánimo de ofrecer axuda á muller e a seguir regresa xunto do resto das persoas que asisten ao incidente e comentan a súa estupefacción pola actuación dos axentes. Y.R.O.A. decide marchar para casa e, no momento en que pasa ao pé dos axentes e a parella, á altura do Café Bar DACA, ouve un deles dar o alto : «Alto ahí. Deténgase. Identifíquese». Sorprendido, o mozo vira e vé que un dos axentes, que nese momento está falando polo telefóno móbel, corre a el para o interceptar. Estrañado pregunta se é a el que se dirixe, o que é contestado cun novo "Alto!". Y.R.O.A. responde que non hai motivo algún para o identificar, que non ten relación cos feitos e que, despois de ver o que aconteceu á muller, ten medo do axente, que non vai escapar mais quere saber o motivo da identificación. O axente, que continúa co teléfono na orella, fai caso omiso e aproxímase de Y.R.O.A., que tenta pedir axuda ás persoas que están no bar para ver de acalmar o axente. Mais este agarra o mozo cos dedos medio e indicador na parte externa da garganta, abaixo do pomo-de-adán, e, presionando para abaixo na clavícula, provoca que Y.R.O.A. solte un chorro de saliva. O mozo insiste en que non ofrece resistencia, que a actuación do axente é abusiva, que el non quere escapar, mais o axente agárrao polo pescozo, sacódeo, empúrrao contra unha parede e séntao nunha cadeira da esplanada do bar. Nese momento xa hai duas persoas mais fora do café, e varias no interior, que observan o que acontece.

Cando Y.R.O.A. di que non leva a documentación porque só baixara facer deporte mais pode ir a casa por ela, o axente négase e di que tem de o acompañar a comisaria. Finalmente acede a transmitir os datos de Y.R.O.A. por teléfono e despois de recibir unha resposta negativa, o axente regresa xunto ao compañeiro.

Pasadas unhas horas, Y.R.O.A. acode ao CHUS para ser examinado por un facultativo e solicitar un parte de lesións. O médico, a quen o mozo explica que necesita o parte para presentar denuncia por agresión policial, négase a atender a petición.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.