1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

18mGaliza - AAC - Tras "as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza", denuncian da Asemblea Aberta de Coia, este mércores o compañeiro da Asemblea Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia.


Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha CONCENTRACIÓN diante do edificio novo dos xulgados baixo o lema: Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego! Será este mércores 18 de marzo a partires das 9:30.

"Condenaron a Xurxo con mentiras, e agora queren facer o mesmo con Diego. A violencia, o medo e as súas mentiras" non conseguirán acalar unha protesta chea de razóns: non se poden tirar os cartos nunha rotonda, cando unha maioría sofre gravísimos problemas para cubrir as necesidades básicas.

Axentes da policía local acusan a este traballador social dun delito de atentado por unha agresión inexistente, segundo o colectivo. "Non sabemos que move a estes axentes a manter unha versión que nada ten que ver co acontecido nesa data, pero non estamos dispostas a soportar esta vulneración de dereitos" que castiga e reprime ás que defenden os dereitos da comunidade fronte aos intereses dunha minoría.

O goberno de Caballero non ten razóns para defender esta obra “faraónica” e pensa que pola forza poderá impor a desfeita que supón chantar un barco na rotonda dun dos barrios máis castigados polo empobrecemento.

"Xuntas volveremos a berrar: Xustiza social. Nin cartos na rotonda nin estado policial!", promete a Asemblea Aberta de Coia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.