1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

coiarotundamanifGaliza - AAC - Con data 02/03/2015 foi notificada a sentenza ditada polo Xulgado do Penal nº 2 de Vigo que resolve o procedemento penal aberto a Xurxo, compañeiro da Asemblea Aberta de Coia, pola suposta agresión a un axente da Policía Local de Vigo.


Dende a Asemblea Aberta de Coia queren facer pública a súa decepción e rexeitamento perante unha sentenza que finalmente condena a Xurxo como autor dun delito de resistencia, e outro de lesións, impoñéndolle 6 meses de prisión por cada un deles.

Para fundamentar dita condena, a xulgadora valora, única e exclusivamente, a declaración prestada no acto do xuízo polo axente denunciante e os seus compañeiros, considerando ditas testemuñas proba de cargo suficiente, sen entrar a analizar, nen tan sequera mencionar, as múltiples contradicións e ambigüidades vertidas polos axentes no plenario, que foron postas de manifesto pola defensa.

A xuíza non fala da falla de concordancia da versión do axente denunciante coas imaxes das gravacións que foron reproducidas na vista, nin das contradicións presentes no relato da sucesión dos feitos nas declaracións dos axentes.

Tampouco entra a valorar a declaración das catro testemuñas propostas pola defensa, testemuñas directos dos feitos, que desvirtúan a declaración dos axentes, e que a sentenza nin tan sequera menciona.

A fundamentación da condena se centra como argumento único na presunción de veracidade da declaración dos axentes da autoridade, deducindo de forma xenérica e automática unha credibilidade e verosimilitude "que quedou desmantelada por medio da proba gráfica e testemuñal practicada a instancias da defensa", explican da Asemblea.

Desta forma, da por boa a versión do axente denunciante, sen maiores xuízos nen valoracións. Maila iso, rebaixa a petición inicial do Ministerio Fiscal, mudando o delito de atentado (que supón agresión directa ó axente) por un delito de resistencia, argumentado que a suposta conduta de Xurxo foi consecuencia da previa actuación policial, e froito do desaloxo da rotonda, e de escasa gravidade.

Como non podía ser de outra forma, vaise interpoñer recurso de apelación, aportando, perante a Audiencia, a gravación do acto da vista co fin de por de manifesto a indefensión que provoca unha resolución xudicial que non entra a valorar a totalidade da proba practicada, cinguíndose a dar por boa, sen máis a testemuña dos axentes, polo mero feito de ser policías.

A sentenza condena tamén a XURXO a aboar ó policía unha indemnización de 1.135 Euros. Cantidade que, de ter que ser aboada finalmente, sufragarán "entre tódalas compañeiras da Asemblea Aberta de Coia, porque XURXO SOMOS TODAS!". Porque, din, "temos a constancia de que Xurxo é inocente. Porque todas somos vítimas da represión institucional autoritaria. Porque todas somos obxecto das mentiras policiais intencionadas e descaradas. Porque, en definitiva, esta condena non é máis que unha das manifestacións máis graves e represivas da persecución pública de todas aquelas que desobedecemos ó sistema e loitamos polos dereitos sociais".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.