1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

xurxoromeroGaliza - Sermos Galiza - Xurxo Romero foi condenado por delitos de "resistencia" á autoridade e "lesións" a un axente da policía local. A sentenza tamén exixe o pagamento de 1.135€ de indemnización ao policía.


O veciño de Coia prendido o 9 de xaneiro durante as mobilizacións contra a colocación do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia foi condenado polo xulgado do penal nº2 de Vigo a 1 ano de cadea. En total, seis meses por cada un dos delitos que se lle imputaban, un de "resistencia" á autoridade e outro de "lesións" a un axente da Policía local. Aliás, condénano a pagar 1.135 euros en concepto de indemnización.

O ditame xudicial foi remitido á avogada da defensa e ao propio Romero na xornada do 2 de marzo.

Desde a Asemblea aberta de Coia veñen de emitir un comunicado de imprensa no que aseguran sentir "decepción" e "rexeitamento" pola decisión xudicial ao seren valorados "única e exclusivamente, a declaración prestada no acto do xuízo polo axente denunciante e os seus compañeiros, considerando ditas testemuñas proba de cargo suficiente, sen entrar a analizar, ne tan sequera mencionar, as múltiples contradicións e ambigüidades vertidas polos axentes no plenario, que foron postas de manifesto pola defensa".

A xuíza responsábel do caso valeuse do principio de veracidade do que contan os atestados policiais para resolver o caso e ditar sentenza, embora --critican desde o movemento veciñal-- "a credibilidade e verosimilitude" dos relatos e informes policiais "quedou desmantelada por medio da proba gráfica e testemuñal practicada a instancias da defensa".

Así as cousas, a sentenza rebaixa a petición inicial do Ministerio Fiscal que demandaba 2 anos e medio de privación de liberdade por un presunto delito de "atentado" á autoridade. Finalmente, a xuíza entende que a "conduta de Xurxo foi consecuencia da previa actuación policial, e froito do desaloxo da rotonda" polo que o considera "resistencia" e "de escasa gravidade", en troca do que aseguraba a policía municipal.

Recurso de apelación

Desde a Asemblea aberta de Coia avanzan que "loxicamente" interporán un recurso de apelación perante a Audiencia provincial de Pontevedra "aportando a gravación do acto da vista co fin de por de manifesto a indefensión que provoca unha resolución xudicial que non entra a valorar a totalidade da proba practicada, cinguíndose a dar por boa, sen máis a testemuña dos axentes, polo mero feito de ser policías".

Aliás, avanzan que de ser obrigado a pagar a indemnización esta será abonada "entre todas compañeiras" porque, reiteraron, "Xurxo somos todas!".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.