1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

casasGaliza - CIG - Convocada concentración para este mércores día 28 de xaneiro, ás 11:30 horas, nos xulgados de Fontiñas


Stop Desafiuzamentos de Compostela e organizacións sociais e sindicais recolleron nunha semana máis de 200 autoinculpacións en solidariedade coas persoas denunciadas pola policía pola súa participación no intento de paralización do despexo dunha familia compostelá en Aríns. As sinaturas serán entregadas este mércores coincidindo co xuízo e coa concentración convocada no seu apoio.

Stop Desafiuzamentos Compostela denunciou, en rolda de prensa, que pasados máis de tres meses do intento de paralización do desafiuzamento da familia de Aríns agora encóntranse con que, aleatoriamente, diferentes activistas son citados a un xuízo de faltas o día 28 de xaneiro, acusados de desobediencia e resistencia á autoridade.

A este respecto aclararon que a actuación de todas as persoas que participaron no acto convocado para intentar paralizar o despexo desta familia foi en todo momento pacífico. En todo caso, subliñaron que, como colectivo, "cremos na resistencia pacífica contra violacións claras dos dereitos das persoas, nomeadamente do dereito recollido en todas as resolucións internacionais: o dereito á vivenda".

Neste sentido, Anxo Noceda, secretario comarcal da CIG de Compostela e un dos acusados xunto co membro da executiva Rafa Peña, denuncia que transcorrido todo este tempo desde que se procedeu a este desafiuzamento, a casa segue valeira e nin sequera quitaron a faixa reivindicativa colocada por Stop Desafiuzamentos.

Por iso pregúntase "que sentido ten que a xustiza deixe a unha familia con menores sen un teito para que logo esa vivenda quede abandonada e sen uso algún, como outras miles de vivendas que están en igual situación, non só en Compostela senón no conxunto do país", e engade "onde queda o dereito a unha vivenda digna?"

Para Noceda, esta situación evidencia para quen goberna o PP e denuncia que "este partido non ten problema cando se trata de rescatar bancos ou de reformar a Constitución para preservar os dereitos dos especuladores, pero si ten problemas para cumprir esa mesma Constitución cando do que se trata é de garantir dereitos das persoas, como a unha vivenda digna". No canto diso o que fai o PP, asegura "é reformar a lexislación para que se persiga e castigue con dureza precisamente a quen reclama que eses dereitos se cumpran".

Denuncia contra a policía

Na rolda de prensa Stop Desafiuzamentos denunciou tamén aos funcionarios do corpo nacional de policía pola presunta comisión dun delito de "detención ilegal e un delito de falsidade de documento oficial" polo atestado policial realizado no que "voluntariamente falsean os feitos acontecidos en Aríns".

Xunto a isto denunciaron que a persoa que foi detida e trasladada a comisaría era precisamente o mediador autorizado pola familia e o propio mando policial.

Concentración

A CIG-Compostela chama a sumarse á campaña e os actos previstos por Stop Desafiuzamentos e a participar da concentración que, en apoio e solidariedade coas persoas denunciadas terá lugar este mércores día 28 de xaneiro, ás 11:30 horas diante dos xulgados de Fontiñas. Cncentración no decurso da cla se fará entrega das autoinculpacións.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.