1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

esmolaasistencialGaliza - AAC - A Asemblea Aberta de Coia convoca o XOVES 22 de xaneiro ás 18:00 unha CONCENTRACIÓN na ROTONDA de COIA baixo o lema: "NIN ESMOLA ASISTENCIAL, NIN BARCO NA ROTONDA. ESIXIMOS DEREITOS SOCIAIS".


A veciñanza volta á rotonda para esixir dereitos sociais. Farao por medio dun acto de rúa no que representarán o “Vigo real” do que nunca fala o alcalde e o seu goberno:

"Na cidade que pisamos a maioría vemos...

a cada día máis persoas pedindo esmola nas rúas,

a cada días máis persoas remexendo no lixo para alimentarse,

a cada días máis persoas agardando meses por axudas sociais (RISGA, Axudas de Emerxencia Municipais...),

a cada día máis persoas facendo colas nas portas de entidades privadas...

E todo polo desastre de políticas sociais do concello, e tamén da Xunta de Galicia. Unhas políticas que pasan polos recortes, polo peche de servizos e pola privatización daqueles que queda."

En Vigo, a maiores dos problemas denunciados recentemente polas traballadoras sociais de atención primaria do propio concello (colapso, demoras na tramitación, persoal insuficiente) hai que engadir que a maior parte dos programas do Departamento de Benestar Social están xestionados por empresas privadas:

- CLECE (empresa de Florentino Pérez): recibe millóns de euros pola xestión do programa municipal de axuda no fogar (case 3 millóns de euros), polo programa de Intervención Familiar (máis de 500.000€) e por parte da xestión de CEDRO.

- Grupo 5 (empresa de xestión de servizos de Madrid): é a concesionaria (700.000€) do albergue municipal de Marques de Valterra.

A isto hai que engadir os convenios que o concello, e tamén a Xunta, teñen con entidades privadas que supoñen o desmantelamento dos poucos dereitos sociais que conservaba a veciñanza para dar paso á mercantilización do sector e ao regreso do asistencialismo e a caridade.

Ante isto, da Asemblea Aberta de Coia "esiximos que os cartos de todas estean ao servizo das necesidades da xente. Non pode ser, os cartos na rotonda e a xente sen comer!"


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.