Galiza - LEG - A Liga Estudantil Galega de Vigo organizará unha palestra coa colaboración de Que voltem à casa e a o CS Revolta do Berbés que analizará a nova "Ley de seguridad ciudadana", máis coñecida como Lei Mordaza, xa que consideramos que é unha ferramenta que utiliza o goberno para protexerse da protesta social ante os seus recortes e a súa corrupción.
Non acreditamos na coacción, na represión e nas técnicas que usa este goberno fascista para criminalizar calquera tipo de mobilización en contra das súas políticas centralistas e de desmantelamento dun tecido social que tanto nos custou conquerir.
Convidámosvos a todas a acudirdes este xoves ás 19.30, no Centro Social Revolta Do Berbes, onde falará o compañeiro de Esculca Borxa Colmenero.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.