1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

041214 gpGaliza - APDR - Hoxe, 4 de decembro, iníciase en Valencia o xuízo contra 16 membros de Greenpeace e un foto-xornalista independente.


A fiscalía solicita penas de ata dous anos e 8 meses de cárcere polo "delito" de protestar pacificamente contra a intención do goberno de non pechar a central nuclear de Cofrentes (Valencia)

Esta central nuclear engade aos perigos deste tipo de instalacións numerosos problemas de seguridade, téndose declarado en varias ocasións prealertas de emerxencia. A pesar disto, o goberno, desprezando a seguridade da poboación e a ameaza que supón para o medio ambiente, resístese a pechala.

É un paradoxo que mentres moitos responsables de delitos ecolóxicos seguen poñendo en grave perigo a saúde e a vida das persoas impunemente e provocando danos graves ao medio ambiente, os movementos sociais de defensa do medio sexan criminalizados e reprimidos. Neste caso con duras penas de cárcere e coa imposición dunha multa de máis de 300.000 euros que poría en risco a continuidade económica de Greenpeace no estado español. Trátase, unha vez máis, de amedrentar a todas aquelas persoas que están dispostas a alzar a súa voz a prol do benestar social e a defensa do medio ambiente.

Desde a APDR entendemos que a defensa do medio ambiente non é delito e queremos amosar a nosa solidariedade coas compañeiras e compañeiros de Greenpeace. Así mesmo, denunciamos a complicidade e sometemento do goberno español aos intereses económicos das grandes empresas (nesta ocasión IBERDROLA GENERACION NUCLEAR, SA) teimando en manter aberta unha central altamente perigosa, e máis tendo en conta que hoxe en día a viabilidade técnica-económica e a rendibilidade social das enerxías renovables é constatable .

Mais esta actitude do goberno español ten unha explicación clara no contexto de corrupción propiciado polo "sistema de portas xiratorias" no que o sector eléctrico é un claro modelo con numerosos casos de expresidentes, exministros e altos cargos nos seus consellos de administración. En Pontevedra coñecemos moi ben estas prácticas: a trama político-empresarial do complexo ENCE-ELNOSA é un claro exemplo.

Desde a nosa asociación chamamos aos cidadáns de Pontevedra a amosar de todas as formas posibles o seu apoio ás compañeiras e compañeiros de Greenpeace e concretamente a través das redes sociais baixo o hashtag#Misión45.

Asdo.: Antón Masa, presidente da APDR


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.