1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

161114 bombGaliza - Sermos Galiza - Roberto Rivas, o bombeiro sancionado por negarse a participar no despexo de Aurelia Rey, compareceu ante os medios ás portas do Xulgado e arroupado polos seus compañeiros.


Rivas anunciou que acataba a sentenza e a sanción malia non estar de acordo."Tras revisar a sentenza non me queda outra que acatar a sanción, aínda que non estea de acordo con ela. Non imos recorrela porque non merece a pena seguir gastando enerxías buscando físgoas legais para avalar a miña inocencia. Son inocente, vese nos vídeos gravados dese día que non incitei á violencia, teño a conciencia tranquila. Realmente son culpable de non colaborar no desafiuzamento, pero inocente de alterar as masas".

"Este proceso xudicial foi unha covardía desde o principio, non creemos nel.
A xente xulgará. Os desafiuzamentos son realmente o que alteran as masas. Trátase dunha persecución para os movementos sociais que loitan nas rúas", afirmou na comparecencia.

Roberto Rivas presentou a conta de banca ética para sufragar as multas que recibiron todas as persoas que participaron no desafiuzamento, non só a súa A conta na que quen queira poda colaborar coa súa achega é: Fiare Banca Ética ES 81 1550 0001 2100 0067 9324


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.