1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

vivendasIGVSCorunhaGaliza - SDCorunha - Na mañá da sexta feira (17/10) colectivos antidesafiuzamentos da Coruña, Ourense, Ferrol Terra, Lugo e Compostela acudiron ás oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para denunciar o desleixo de responsabilidades que esta institución á que lle corresponden “as competencias e funcións en materia de política de vivenda, favorecendo o acceso dos cidadáns ao dereito, constitucionalmente garantido, dunha vivenda digna e adecuada” está a cometer.


No caso de STOP Desafiuzamentos A Coruña, mantiveron unha concentración diante da delegación do IGVS na cidade baixo o lema “A súa solución, caixas de cartón”, escenificando con traxes feitos con caixas que a única opción que esta institución contempla para as persoas e familias desafiuzadas é precisamente durmir na rúa cubertas con cartóns. Tamén contaron con compañeiros e compañeiras que recitaron poemas a través dos cales abordaron o drama da perda da vivenda, así como cuestións vinculadas á loita contra os desafiuzamentos, tales como a represión policial ou a preeminencia do valor económico por riba dos propios valores éticos. Aliás, repartiron pasquíns informativos sobre as medidas aprobadas, pero incumpridas, pola Xunta en materia de desafiuzamentos.

Dándose por aludido, o IGVS  publicou no propio día 17 un comunicado valorando que están a desempeñar o seu cometido perfectamente e, de paso, contradinse a si mesmos negando que existan 5.000 persoas na provincia demandando vivenda, cando este é precisamente o argumento que lle dan por escrito ás persoas que a solicitan.

Non obstante, afortunadamente non tódalas persoas que traballan no IGVS teñen a impresión de que están a desempeñar as súas labouras correctamente, e estas son as valoracións que na delegación territorial do IGVS na Coruña trasladaron hoxe ás representantes de STOP Desafiuzamentos que acudiron a pedir información sobre as 500 vivendas que o presidente Feijoo anunciou en decembro de 2012 que estarían a disposición das persoas e familias desafiuzadas.

  • Das 500 vivendas non saben nada. Practicamente deron a entender que fora unha ocorrencia do presidente Feijoo,  palabras ao aire para dar a impresión de que fan algo.
  • Propostas en firme de alugueiro social do IGVS: non hai nin se espera. Só moi de cando en vez, e a través dunha reunión da Comisión Provincial con carácter excepcional, valoran expedientes dentro dos e das solicitantes de adxudicación directa. Pero vaia, tendo en conta que lle denegan alugueiro social a mulleres enfermas, no paro e con fillos/as, non queda claro que requisitos dramáticos hai que cumprir para que se dea esta medida excepcional.
  • Sen embargo, proseguiu a persoa que nos atendeu, na Lei de Vivenda si que se establece que poderíanse facer ou conceder vivendas de carácter asistencial, pero nunca se desenvolveu este punto. É máis, segundo nos dixeron, o desenvolvemento desta Lei corresponderíalle á  Consellería de Benestar en contacto co IGVS, pero esta mañá confirmáronnos no propio IGVS  que en ningún momento se valorou esta posible alianza interinstitucional.
  • En plena crise e afogadas por un problema social de acceso á vivenda sen precedentes, o recorte en orzamentos do IGVS é enorme -"estratosférico", dixo a persoa que os atendeu-. Así que simplemente non se están facendo actuacións de vivendas protexidas porque o IGVS non ten orzamento para actuar nese sentido. É máis, hai vivendas das que xa recuperou a titularidade -vivendas nas que vivían persoas que as deixaron-, pero non hai orzamento para reparalas.
  • Por outra banda, a nivel provincial, aclararob que na Coruña non van adxudicar vivendas de carácter asistencial polo IGVS, por moito que sexa o seu cometido velar por que se cumpra o dereito “constitucionalmente recoñecido” a unha vivenda digna. Mais ben os intereses do IGVS son outros, estritamente vinculados á promoción da propiedade privada e ó interese financieiro. Segundo adiantaron, nuns días publicarase na web un acordo da comisión de vivenda provincial do IGVS polo cal sacarán 5 vivendas públicas na Coruña. Iso si, para adxudicalas en réxime de compra-venda a unidades familiares cuns ingresos non inferiores ó 1,5 veces o IPREM.
  • E xa dende un plano máis local, confirmaronlles "que o corrupto Concello da Coruña dispón de chan cedido polo IGVS, que á súa vez outórgalle vivendas para que as xestione. Inda por riba tamén ten parque de vivendas propio. Para acceder a estas vivendas hai que inscribirse previamente, pero trátase dun proceso de libre concorrencia polo cal tes que ter uns ingresos que a día de hoxe poderiamos considerar “medios”  para acceder a este tipo de vivendas.  O problema é que, por unha banda, os servizos sociais  do Concello non están avisando destas convocatorias ás persoas usuarias en situacións máis vulnerables e, por outra, o nivel de ingresos esixido para acceder ás mesmas é moi alto, condición que obviamente non  se corresponde coa situación económica real da xente que se atopa en risco de exclusión social".
  • Dende os distintos colectivos que loitan na Galiza para que se cumpra o dereito a unha vivenda digna seguirán instando ao IGVS e aos respectivos concellos a daren respostas, e mobilizaranse activamente para esixir que cumpran cas súas responsabilidades. 


    Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

    Microdoaçom de 3 euro:

    Doaçom de valor livre:

    Última hora

    Publicidade
    Publicidade
    first
      
    last
     
     
    start
    stop

    Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

    Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

    Desenhado por Eledian Technology

    Aviso

    Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

    Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

    Clique em uma das opções abaixo.