1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

011014 discapacidadesGaliza - CIG - Os traballadores/as do centro denuncian que coa privatización do servizo destruiranse máis de 20 empregos


As rúas de Vigo acolleron a última hora da tarde de onte unha concorrida manifestación en defensa da Asociación Galega San Francisco (Agasfra), entidade sen ánimo de lucro dedicada á atención a persoas con discapacidade intelectual, cuxa supervivencia depende da decisión da Xunta de privatizar o servizo. Os traballadores/as denuncian que a decisión suporá a desaparición de máis de 20 empregos.

A marcha, na que participaron usuarios/as, familiares, amigos/as e traballadores/as do centro con sede en Coia, partiu de Vía Norte ás 20.00 horas e rematou na Porta do Sol, onde se deu lectura a distintos comunicados.

Os afectados/as e as súas familias reivindicaron que a súa opinión sexa tomada en conta durante o proceso para poder escoller centro, xa que tras a concesión terían que desprazarse até o concello de Mos.

Pola súa banda, os traballadores/as de Agasfra denunciaron que a decisión da Consellería de Traballo de privatizar o servizo suporá a desaparición de máis de 20 empregos, tendo en conta que a subrogación de persoal non figura no prego de condicións do concurso.

Precisamente, a federación de Ensino da CIG -cuxo secretario nacional, Anxo Luzao, estivo presente na mobilización xunto ao secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero-, fixo entrega días atrás na Consellería de máis de 1500 sinaturas esixindo o mantemento do emprego no centro vigués e denunciando as políticas de privatización dos servizos públicos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.