1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

200814 despejosGaliza - Galiza Confidencial - A plataforma Stop Desafiuzamentos de Lugo pide á Axencia Tributaria que paralice o seu desaloxo e anule a reclamación de 6.200 euros que lle pide.


É unha muller de Lugo. Padece unha discapacidade física e psicolóxica do 65 % e cobra unha pensión de 320 euros. E, a pesares da súa situación, o Ministerio de Facenda quere desafiuzala da súa vivenda.

Por iso, a plataforma Stop Desafiuzamentos de Lugo presentou un escrito ante o director da Axencia Tributaria para solicitar a parálise do seu desaloxo. Facenda reclámalle a esta muller 6.200 euros por non liquidar o imposto de sucesión tras o falecemento da súa parella en 2012.

"Está máis que demostrado que non hai ningún motivo legal para imporlle este imposto. Esta muller non herda nada cun valor positivo, herda a metade da vivenda que ten máis débeda do que vale", asegurou o portavoz da plataforma, Pancho Torrente.

Por iso, entende que a reclamación de Facenda responde a un "erro" e pediu que se emende de oficio, "que se anule a liquidación e que se suspenda calquera procedemento de embargo". "Esta incerteza o único que fai é crear angustia nesta muller, unha angustia inxustificada por algo que é ilegal e que non se vai a cobrar na vida", concluíu.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.