Galiza - CAEV - Tanto Adriel Juncal coma Héctor Fernández foron detidos na pasada folga estudantil do 20 de novembro en Vigo. No caso de Adriel, acúsano de atentado á autoridade por lanzar un obxecto, acto que el non realizou (e que probas en vídeo o confirman, amosando a orixe do mesmo).
O vindeiro domingo día 13 de abril organizan unha xornada solidaria na Carballeira da Guía de Teis (Vigo) a partires das 12.30 do mediodía. A xornada consistirá nun xantar, petiscos, aberto de billarda e unha foliada. Todo o que se recade irá destinado a axudar nos procesos xudiciais aos que ambos mozos se enfrontan.
Dende o Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo animámosvos a solidarizarvos con estes mozos acudindo a esta xornada.
Fronte á súa represión, a solidariedade é a mellor arma!
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.