1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

cartazConcentracion-300x212Galiza - Isca! - No marco da campaña que Isca! veu desenvolvendo nos últimos meses reclamando un futuro digno na nosa terra, xa informaramos que 3 compañeiros da nosa organización foran identificados e retidos por dúas patrullas da policía local na cidade da Coruña, incautándoselles material axitativo e sendo posteriormente denunciados.


Á sanción administrativa de 600€ que o Concello impuxo pouco despois do suceso, súmaselle a citación recibida para a celebración dun xuízo de faltas polo mesmo concepto o vindeiro martes 18 de febreiro. Baixo o noso punto de vista, non só consideramos excesiva a multa económica imposta nun principio se non que tamén se conculca o principio non bis in idem que establece que un mesmo feito non se pode analizar ou xulgar dúas veces.

Máis alá do económico ou xudicial, a persecución que se vén realizando aos movementos de resposta social é evidente, levando o goberno municipal da cidade Herculina unha política de aumento da presión policial, sancións administrativas e publicidade en prensa das accións realizadas por ésta cando teñen a ver co activismo social. Neste contexto de crise global do capitalismo é máis importante que nunca visibilizar socialmente o conflito, a loita contra as medidas lesivas coas maiorías sociais que impón a Xunta e o goberno español e denunciar a pobreza, a precariedade e o desemprego ao que nos condenan.

Relacionado con isto, o mesmo día do xuizo martes 18 de febreiro a partir das 10:00 horas convocamos unha concentración simbólica solidaria diante dos xulgados da Coruña, para facer ver que non conseguirán frear o descontento nin a resposta social por medio das sancións nin a represión, e que se seguirá contestando, malia todo, nas aulas, nos centros de traballo e nas rúas reclamando un futuro digno e sen explotación.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.