1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

edu-presoGaliza - Que Voltem para a Casa! - Este mércores 11 de decembro celebrarase a segunda das concentracións convocadas por Que voltem para a casa! para reclamar o traslado dos presos a Galiza.


Desta vez será na praza do Obradoiro de Compostela, ás portas da cámara municipal, e terá como obxectivo denunciar a situación do preso de Angrois Eduardo Vigo e reclamar o seu traslado a unha cadea localizada na Galiza.Eduardo leva dous anos preso e dispersado por diferentes cadeas ao longo do estado (Córdoba, 982 qms, Navalcarnero, 537 qms, e Mansilla de las Mulas, 385 qms), cando existe no concello de Teixeiro un establecemento penitenciario que dista 59 quilómetros da súa casa. O período de prisión provisional de Eduardo prolongouse durante 21 meses nos cales foi cualificado en 1º grao FIES 3 (Ficheiros de Internos de Especial Seguimento). Este réxime pechado implica que o preso debe permanecer 21 horas ao día na súa cela. Eduardo ten todas as súas comunicacións intervidas, só pode facer 8 chamadas telefónicas á semana e escribir dúas cartas semanais. Apenas pode ter 4 visitas ao mes, 3 delas de só 40 minutos e un bis a bis familiar de 2 horas. En setembro foi condenado a 18 anos de prisión e continua coa cualificación no réxime FIES 3.

Contando os desprazamentos a Córdoba, Navalcarnero e Mansilla de las Mulas, a familia e os amigos/as de Eduardo gastan unha media de 300 euros en cada viaxe semanal, o que supón 1200 euros ao mes e 14400 euros ao ano. As persoas que visitan a Eduardo en Mansilla de las Mulas-León percorren anualmente 37960 quilómetros, case unha volta completa ao planeta Terra. Cando viaxaban a Córdoba percorreron nun ano 102128 quilómetros, dúas voltas e media ao planeta.

Ademais da concentración deste mércores, as convocatorias polos demais presos celebraranse nas seguintes datas:

Martes 17 de decembro en Ames .

Luns 23 de decembro en Teo.

Venres 3 de xaneiro en Ordes.

Todas as concentracións serán as 11:00 horas da mañá e serán debidamente comunicadas ante a subdelegación do goberno.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.