1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

marcha cadeiasGaliza - Que Voltem para a Casa! - Que voltem para a casa! convoca a tradicional marcha ás cadeas na edición deste ano e toma o relevo da organización antirepresiva CEIVAR.


O desprazamento de solidarios e solidarias galegas ata as prisións españolas nas que hai presos galegos celebrarase na fin de semana do 18 e o 19 de xaneiro. A intención da organización é mobilizar dúas columnas solidarias, unha desde o sur do país e outra desde o norte. A primeira terá como base as cidades de Pontevedra, Vigo e Ourense e o resto de comarcas meridionais, e desprazarase ata as prisións madrileñas de Aranxuez e Estremera, onde se atopan respectivamente Antón e Teto. A columna do norte recollerá solidarios e solidarias de Compostela, Coruña, Ferrol, Lugo e demais comarcas ao norte do Ulla, para achegar a solidariedade galega a Senlheiro en Villabona e a Edu e Xurxo en Mansilla de las Mulas. Ambas expedicións confluirán na cadea leonesa.

A organización trazou os itinerarios máis óptimos para atender o maior número posible de presos. Ante a imposibilidade de atender a todas as prisións tivemos que descartar a viaxe ata Topas, pero para máis adiante celebraremos unha marcha específica para trasladar o noso cariño e solidariedade a Carlos.

Nos próximos dias Que voltem para a casa! informará con máis detalle da organización da viaxe e os lugares nos que os solidarios e solidarias galegas poden anotarse. A organización contratará os autobuses necesarios e solicitará colaboración económica para poder sufragalos.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.