1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

040813 fotosGaliza - CIG - CIG rexeita a imputación de catro cidadáns galegos polo único feito de levar fotos de presos independentistas nunha mobilización


Están chamados a declarar este mércores na Audiencia Nacional baixo a acusación de "enaltecemento do terrorismo".

A CIG traslada a solidariedade e o apoio aos catro militantes do independentismo galego que o mércores 4 de setembro están chamados a declarar coma imputados na Audiencia Nacional baixo a acusación de "enaltecemento de terrorismo". A central sindical considera un ataque á liberdade de expresión e un atentado contra o dereito de manifestación que se pretenda xulgar a catro cidadáns galegos por portar fotos de presos independentistas no marco dunha mobilización social.

Cómpre subliñar que estas persoas foron requiridas pola Policía española para se identificar polo simple feito de levar imaxes de presos independentistas galegos (contra os que non existe sentenza condenatoria), sen que en ningún momento provocasen altercado ou suceso algún durante o desenvolvemento da manifestación contra a megaminería que tivo lugar en Compostela o pasado 2 de xuño.

Este tipo de prácticas antidemocráticas afondan na persecución ideolóxica que o Goberno español (valéndose dun tribunal de excepción herdeiro do Tribunal de Orden Pública da ditadura franquista) vén realizando contra persoas e organizacións que defenden o lexítimo dereito de soberanía das distintas nacións dentro do Estado español.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.