Cidadáns galegos que, a día de hoxe, aínda non foron xulgados.
Nun momento de crise como a que padecemos, a apertura de procesos como este pretende desviar a atención da opinión pública ante problemas inexistentes na nosa sociedade e criminalizar ao conxunto do nacionalismo galego e do movemento popular, que loita en diferentes ámbitos contra España, o capitalismo e o patriarcado.
Chamamos á solidariedade con estes catro compañeiros que se manifestaron, xunto con outras 30 entidades entre as que estaba o Movemento pola Base, o pasado 2 de xullo contra "a excepcionalidade xurídica" e expresando "solidariedade e afecto aos familiares dos presos independentistas". Excepcionalidade xurídica que hoxe infelizmente padecen, polo que o noso afecto está con eles e con os seus familares e amig@s.
Nun momento de involución social, de ataques brutais contra o povo traballador galego e de criminalización e persecución aos militantes de esquerda e independentistas, é importante que defendamos o cumplimento de todos e cada un dos dereitos e liberdades democráticas sen excepcións.
Galiza, 3 de setembro de 2013