1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

090813 violenciaGaliza - Verdegaia - Verdegaia quere denunciar a agresión sufrida polas persoas nunha protesta contra a discriminación que o reaccionario gobernó do PP quere introducir na Lei de reproducción asistida e que tivo lugar o 22 de xullo en Madrid.


Como é sabido, a ministra Ana Mato pretende discriminar as mulleres lesbianas ou solteiras na sanidade pública, aplicando os criterios ideológicos do seu fundamentalismo católico.

A protesta percorreu o centro de Madrid, a praza Cibeles e o Paseo do Prado, onde está a sede do ministerio de sanidade. Unidades da policía antidisturbios rodearon as persoas concentradas e, sen previo aviso, agredíronas coa violencia extrema que caracteriza estas unidades policiais. Os policías nin tan sequera colocaron os cascos ou calquera tipo de protección no momento de iniciar a agresión, o que proba que querían coller por sospresa as persoas agredidas e que non esperaban acción ninguna de defensa pola súa parte, aínda que eles mesmos se asañasen coas persoas concentradas, maioritariamente mulleres.

Para quen non crea aínda que as forzas represivas están ó servizo exclusivo da defensa dos intereses da clase dominante (lémbrese o escándalo formado por cargos do PP no recinto do Parlamento galego e ao inicio do bipartido e compárese co que lle tería sucedido a un colectivo popular), empregaremos argumementos dentro das teoría da legalidade sistémica.

A policía, cando emprega a violencia é para evitar un mal maior do que causa coa súa intervención. Vémonos obrigados a preguntarnos cal é o suposto daño que causaría a concentración no tráfico de Madrid que xustifique lesións, contusións, detencións con violencia, etc... causadas ás persoas agredidas, entre as que se encontra o noso compañeiro Roi que, igual que cando menos outra persoa, sufriu golpes intencionados de porra na cabeza que requiriron sutura.

Por moito que este tipo de acontecementos sexan cada vez máis frecuentes e lles afecten a máis sectores sociais, non os debemos tomar como algo normal e moito menos lexítimo e debemos ter en conta a responsabilidade que lle corresponde a cada un dos responsables políticos, nomeadamente delegados e subdelegados do Goberno, mandos policiais e cada un dos traxeados que participan entusiásticamente nestas agresións, animados, como se pode constatar, pola súa propia ideoloxía reaccionaria e ultraviolenta.

Coa certeza de que a impunidade é norma para estes corpos mercenarios e para os seus responsables políticos, en Verdegaia animamos todas as persoas conscientes e solidarias a manifestar en todo momento un rexeitamente fronte a todos os individuos que forman este entramado violento e ao seu amparo político, xudicial e mediático, sen o que non poderían actuar así.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.