1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - Viver com dignidade é um direitoGaliza - ODS-Coia - A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria, GAS (Grupo de Axitación Social) e o grupo IMÁN queremos convidarvos a que vos acheguedes pola mesa informativa que hoxe (xoves 13 de xuño) estará ás portas de CEDRO (rúa Pintor Colmeiro 9).


O acto se desenvolverá entre as 10:30 e as 12:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña "Vivir con dignidade é un dereito", coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas familias de Coia e da cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

A finais do mes de xuño temos pensado facer a entrega das follas, estamos preto das 100, nun acto que agardamos sexa maioritario e co que esixiremos que concello e Xunta comecen a tomar medidas ante a situación de emerxencia social na que vivimos a maioría da poboación, o IGE acaba de publicar que o 28% dos fogares en Galiza subsisten grazas só a prestacións, a través de medidas como: implantación dunha Renda Básica, parar os desafiuzamentos e pór a disposiición da xente as 20000 vivendas baleiras que hai na cidade...

Esiximos os nosos dereitos e o reparto da riqueza, RENDA BÁSICA XA!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.