1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

Foto - Que voltem a casaGaliza - QVàC - Ante as declaraçons feitas o passado domingo 9 de junho polo Delegado do Governo, senhor  Samuel  Juárez, a associaçom de amigos e familiares "Que Voltem Para A Casa", manifesta através deste comunicado o seguinte:


Como familiares de pres@s queremos mostrar a nossa indignaçom perante tais depoimentos, onde o delegado do governo espanhol justifica, que a dispersom penitenciária que se lhes está a aplicar de jeito sistemático a este coletivo de pres@s nom ten como finalidade castigar as famílias senom que:

"se trata de evitar que los miembros de una organización terrorista sigan organizados en la cárcel y sometidos a la disciplina de la organización."

Muitos pais e maes destes supostos terroristas, tivemos oportunidade de ler estes depoimentos domingo de manhá, depois de chegar a altas horas da madrugada, após centos de quilómetros às nossas costas, para poder estar entre corenta minutos ou hora e meia de visita com os nossos filh@s. Com o corpo ainda malhado pola viagem, tivemos que almorçar com ditas declaraçons, as quais só evidenciam umha manipulaçom política e umha falta de humanidade por parte do representante de um governo "democrático"com as famílias.

A nosa intención é por o día en materia penitenciaria o señor delegado Juárez, tras a demostración de ignorancia interesada que reflicten as súas palabras en estas cuestións.

1º - As cadeas señor Juárez, están formadas por módulos, polo que vai ser imposíbel que dous pres@s coincidan no mesmo, a non ser qué, así se acorde pola institución penitenciaria. No centro penal de Mansilla de Las Mulas (León), por exemplo, en estes momentos, cumpren prisión preventiva dous presos galegos da suposta "banda", e por suposto en módulos distintos, e ate o momento  sen posibilidade de contactar entre eles. Polo que fica demostrado que estes presos poderían estar nunha cadea da propia terra, e non chegar a verse entre eles  nin en vinte anos .Polo que o argumento no que o señor delegado, basea a súa lóxica para xustificar a dispersión penitenciaria, non é máis que unha gran mentira.

Solicitamos do Delegado do Goberno que explique á sociedade galega, os verdadeiros motivos polo que o estado español  deseñou a estratexia da dispersión. Que non son nin máis nin menos que, un programa baseado na tortura e na vinganza estatal, destinado a quebrar a vontade de pres@s e familiares.Un quebranto moral, económico, que deixe fonda pegada nas súas vítimas. Esta é a realidade que familiares e achegados padecen, e que vostede tan falsamente xustifica.

2º - A organización terrorista á que vostede alude, de momento ningún xuíz demostrou a súa existencia. Polo que de novo esta sustentando as súas afirmacións na mentira.  Como pode vostede condenar a persoas que ata o momento só están imputadas, chamándolles  terroristas? Como delegado do goberno, aínda non leu a constitución do estado o cal representa? Sabe vostede o que é a presunción de inocencia, os dereitos humanos?

Explíquelles por favor, señor delegado do goberno as familias, que teñen que xogar cas súas vidas a ruleta rusa, cada vez que van ver os seus familiares, as razóns de medidas tan excepcionais. Acaso vaise facer cargo en caso de que aconteza algunha morte nas estradas, por causa da dispersión, das posibles vítimas. ....se acaso algún día pasa,como lles vai chamar a estas vítimas? Serán vítimas do terrorismo? de qué terrorismo ? Dende o ano pasado contabilízanse dous accidentes de tráfico,un deles sinistro total, o outro con  dous feridos leves. De paso, dígalles tamén, porqué estes imputados son máis perigosos que os que matan as  mulleres, que os que abusan de menores, ou mesmo dos centos de imputados por corrupción política e económica,os cales xeran mortes indirectas polas súas operacións fraudulentas, e que na actualidade poden continuar ca súa vida cotián, sen sufrir medidas restritivas.

Cando o representante de un goberno, o amparo da súa posición e do seu interese político, e quén de deixar o marxe os dereitos humanos e a propia constitución de un estado, rexeitando as proposicións de carácter humanitario que outros partidos con valentía política presentan, só merece  a reprobación de toda a sociedade a cal representa. Polo que dende a asociación Que Voltem Para A Casa, animamos e solicitamos de partidos políticos e demais axentes sociais, a que pidan de forma inmediata a reprobación do Delegado do Goberno Samuel Juárez.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.