1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

grevegeral14NcomposGaliza - CUT-Compostela - A CUT-Compostela pon sobre a mesa as sancións propostas contra activistas sindicais, que falsean os acontecementos da Folga Xeral para sancionar a traballadoras participantes dos piquetes.


A central sindical CUT amosa o seu fartádego coa apertura discrecional de expedientes sancionadores contra activistas sindicais, logo da participación masiva do pobo traballador galego na pasada folga xeral do 14 de novembro do 2012. Na cidade de Compostela, alcanzan a media ducia as sancións propostas contra activistas desta central sindical, que se suman a moitas outras sancións propostas contra outras centrais sindicais ao longo da xeografía do País. Acusacións referidas á "desobediencia, interrupcións da vía pública, faltas á orde, etc..." resultan falsas e desmedidas nunha xornada de folga cunha estigmatizante e abusiva presenza policial, como xa denunciara este sindicato.

Se a folga do 14 de novembro trasncorreu en Compostela cuns operativos policiais que impediron o desenvolvemento do dereito á folga na súa plenitude, acorralando aos piquetes informativos e impedindo o desenvolvemento das súas funcións, ao servizo da prepotencia e da violencia institucional do goberno Rajoy, a activación de expedientes por parte da Subdelegación do Goberno da Coruña afonda na práctica de tentar atemorizar e estigmatizar ao movemento obreiro querendo afogar económicamente con sancións de até 600€ aos activistas.

"A manobra da Subdelegación non deixa de ser intelixente, van a polas traballadoras e traballadores desempregados, queren neutralizalos, evitar que contesten" afirma Brais González, responsábel de Acción Sindical da CUT-Compostela. "Isto non nos preocupa, somos máis e máis fortes que eles, o que debera preocuparnos, pola contra, é a función parapolicial da administración, que non observa ningunha garantía democrática, que consume a versión unívoca dos seus axentes e que persegue aos folguistas sen observancia nin tan sequera das normas da ética ou da razón, e ironicamente esa persecución política pagámola nós, cos nosos impostos".

Advertiu tamén que "o silencio é a peor das estratexias, estamos a vivir unha situación de emerxencia na que o medo non ten lugar, o vello réxime das elites que tanto protexen, coa súa violencia policial e a súa persecución política e sindical está a esmorecer, toca empurralo entre todas para que se esboroe nos cantís da historia. Non nos chamemos a engano, a CUT é unha ferramenta de transformación social, un sindicato para a mudanza de sistema social e económico, e non estamos dispostas a consumir toda a súa violencia de maneira pasiva. As traballadoras temos que tomar da nosa man o noso futuro".

Foto do Diário Liberdade - Polícia obstaculiza a greve geral de 14N passado.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.