1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

refeitorioescolarGaliza - Agamme - A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) presentou a semana pasada alegacións en contra do Proxecto de Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.


As alegacións comezan facendo notar que, sendo unha medida que atinxe directamente ás familias, non se teña en conta a lexislación autonómica e internacional en materia de familia e dereitos de infancia e adolescencia.

O motivo fundamental da oposición é a nova modalidade de financiamento que eliminaría a gratuidade do servizo, pasando a pagarse unha cota por día de utilización do comedor (entre 1 e  4,50 euros, en función da renda). AGAMME argumenta que a gratuidade do servizo é un dereito que as familias non deben perder, especialmente nun momento como o actual no que se suman á taxa de desemprego, as continuas medidas de recortes do goberno (eliminación das axudas por nacemento ou adopción, redución da axuda por fillo/a menor de tres anos a cargo, de dependencia, etc) e a suba do custe da vida. Ademais alega en contra da fiabilidade da renda como único medio para obter datos económicos das familias, dada a reestruturación dos núcleos familiares e as relacións de dependencia ocasionadas polo empobrecemento continuado da poboación galega.

AGAMME propón a ampliación da gratuidade do servizo a todo alumnado escolarizado en centros públicos non universitarios. Ademais considera necesario, para paliar as previsibles consecuencias da crise sobre a economía familiar, a implantación de almorzos de media mañá.

As alegacións presentadas fan fincapé no elemento discriminatorio que presenta o Proxecto de Decreto en canto á atención á poboación rural pois, especialmente naquelas zonas da xeografía galega na que esta se atopa moi dispersa, os nenos e as nenas deben realizar desprazamentos longos para acudir aos centros educativos, polo cal o uso do comedor non é opcional senón necesario. A alternativa dos "tupper" atenta contra os principios de calidade de vida e benestar para a infancia e adolescencia galegas, tal e como AGAMME fai constar no seu escrito.

Por outra banda, alega AGAMME que tal e como está presentado o Proxecto de Decreto non se estaría favorecendo a conciliación da vida familiar e laboral. Sinala, asemade, a marcada desviación dos orzamentos da Xunta de Galicia na interpretación da expresión austeridade, pois mentres se tramita o Proxecto de Decreto, os cinco colexios concertados que seleccionan ao alumnado por xénero percibiron este ano un total de 3.000.000 de euros.

Outra cuestión que se aborda é o modelo de xestión dos comedores, que segundo expresa AGAMME debería ser unicamente público. Igualmente faise referencia á  calidade dos alimentos, propoñéndose o consumo de alimentos de produción local e ecolóxica.

Foto: javidesi / Flickr - Alguns direitos reservados.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.