1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

teixeiroGaliza - PDSPF - Ante o anuncio de que a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias pretende suprimir as gardas médicas de presenza física nalgúns Centros Penitenciarios, para aforrar xesto por culpa da crise, a Plataforma SOS Sanidade Pública, quere comunicar que:


1.- Compartimos a preocupación e rexeitamento expresado pola SOCIEDADE ESPAÑOLA DE SANIDADE PENITENCIARIA que atribuía esta medida á vontade de aforro orzamentario da administración , xa que non estivo precedida de ningún estudo nin foi consensuada os profesionais da Sanidade Penitenciaria

2.- Empeorará a saúde da poboación recluída, atentando contra o dereito á saúde das persoas privadas de liberdade

3.- Vulnerará o dereito a unha atención sanitaria en condicións de respecto ao resto da poboación.

4.- Terá serias repercusións para a saúde dun colectivo moi vulnerable dado que entre eles danse con maior intensidade problemas de consumo de drogas, VIH, enfermidades transmisibles, etc e as prisións están na súa maioría a bastantes quilómetros de distancia dun Centro Hospitalario polo que a ausencia de servizo atrasará a asistencia médica de urxencias desta colectivo.  A distancia en tempo de Teixeiro A Coruña son 40 minutos , a  Santiago unha hora, a Lugo 45 minutos, En   A Lama, dende Vigo  son 47 minutos e dende Pontevedra son 34 minutos; Pereiro , dende Ourense son 20 minutos.Monterroso , dende Lugo, 37 minutos e Bonxe , 23 minutos

5.- Deixará a decisión sobre unha atención médica inmediata dun interno en mans dos funcionarios, función para a que non están capacitados.

6.- Paradóxicamente a supresión das gardas incrementará o gasto sanitario dado que a actuación destes servizos fan innecesarios moitos traslados a Centros Hospitalarios de referencia

7.- Exisimos a integración da sanidade penitenciaria nos respectivos servizos públicos sanitarios a fin de evitar as diferenzas asistenciais existentes, en cumprimento do previsto na Ley de Cohesion del Sistema Nacional de Salud.

Foto: Galiza Contrainfo - Alguns direitos reservados - Prisom de Teixeiro.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.