1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

noeliacotGaliza - Esculca - Sob o lema "Solidariedade urxente con Noelia Cotelo", familiares e persoas amigas acaban de lanzar unha campaña para conseguir a volta a casa desta presa galega que, segundo informan, comezou unha folga de fame o pasado 1º de novembro para protestar polos reiterados malos tratos físicos e vexacións sexuais a que a submeten funcionarios do cárcere de Brieva.


Comunicado da campaña de recollida de sinaturas:

O pasado dia 23 de outubro, Noelia Cotelo Riveiro comunicaba coa nai por teléfono. A certa altura, os funcionarios instaron Noelia a terminar a conversa, ao que ela se negou. Cinco deles forzárona a soltar o auricular agarrándoa con forza polo pulso. Conducírona á cela e deixárona alxemada á cama até o dia seguinte.

No dia seguinte foi transladada por recomendción do médico do Centro Penitenciario ao hospital para ser atendida.

Na noite do 23-24 de outubro de 2012, Noelia Cotela estaba alxemada á cama da cela durmindo. Acordou e encontrou un funcionario de nome Jesús, que participara na agresión anterior, someténdoa a tocamentos nos peitos e o torso. O funcionario, sorprendido na sua acción e para evitar que Noelia pudese identificalo guindoulle o contido dunha garrafa de auga á cara. A situación e a fuxida do funcionario produciron tal escándaloque as internas que ocupaban as celas contiguas acordaron.

Asi mesmo parece que unha das malas de Noelia Cotela foi substraída do almacén. Ao que parece, a roupa teria sido distribuída entre o resto de internas xa que unha delas devolveu varias prendas a Noelia.

Despois disto e de ela facer a denuncia pertinente, Noelia, o 1º de novembro, comezou unha folga de fame como protesta, denuncia e insubmisión pola sua situación, e asi tornar visíbel os actos que os sistema silencia e maquilla sistematicamente.

Non ficaremos impasíveis perante estes actos. Pedimos solidariedade coa nosa compañeira en loita.
Tamén queremos que a traian para Galiza, a sua terra, para poder estar pertiño da famiia.

Asinar aqui a petición.

Foto: Change.org - Noelia poderá estár a sofrer torturas na cadeia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.