1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

261112 grevefamepontevedraGaliza - CIG - O secretário comarcal da CIG de Ponte Vedra e outro dos sindicalistas da CIG condenados a três anos de prisom por participar de um piquete tomárom hoje o relevo da greve de fome que iniciárom o secretário geral da central nacionalista, Jesus Seixo, e Marcos Cadórniga, membro da executiva da federaçom de Serviços outro dos afetados pola sentença. Deste jeito, Rafael Iglésias e Carlos Aljám permanecerám em jejum na caravana instalada na frente da Audiência Provincial até meio-dia da próxima terça.


O relevo produciuse hoxe ao meio-día às portas da caravana da CIG e foi seguido por numerosos/as companheiros/as que quixeron trasladarlles aos folguistas a súa solidariedade. Seixo e Cadórniga agradeceron as numerosas mostras de apoio e as visitas recibidas dende que comezou a protesta o pasado venres ás 12.00 horas, entre elas as de cargos institucionais como o propio alcalde de Pontevedra.

Segunda-feira será o porta-voz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, quen se achegue até a caravana junto à responsável de Organizaçom da formación nacionalista, Monserrat Prado, a partir das 12.30 horas.

A visita do rexedor de Pontevedra produciuse o sábado pola mañá, coincidindo co inicio da segunda xornada da greve de fame que se desenvolverá en quendas de 48 horas até o vindeiro 14 de decembro, xa que se agarda que antes desa data xa se coñeza o recurso presentado na Audiencia Provincial contra a decisión do Xulgado do Penal número un de Ponte Vedra que condena a tres anos de cadea aos dous sindicalistas da CIG e a un terceiro de CCOO que integraban un piquete informativo na folga do comercio de alimentación en 2009.

Lores aproveitou para rexeitar publicamente unha sentenza que cualificou de "absolutamente desproporcionada e motivada por cuestións de tipo político". Segundo manifestou, a Fiscalía está a defender os intereses do Goberno central "e pretende cercenar o movemento sindical e castigar comportamentos necesarios para a defensa dos intereses da clase traballadora e do conxunto da sociedade". Ao mesmo tempo, o rexedor nacionalista criticou que o Ministerio Fiscal non persiga con tanto "interese" á minoría que se está a beneficiar dunha crise que "só trae recortes para a maioría social.

Comparou incluso a situación actual coa Idade Media, "cos tempos da Inquisición", xa que "a Fiscalía funciona como correa de transmisión do Goberno para atacar a contestación social". Finalmente, desexou que a mobilización faga "recapacitar" aos responsábeis xudiciais porque "resulta inadmisíbel que se condene a tres anos de prisión a persoas que forman parte dun piquete informativo".

O alcalde de Pontevedra solidarízase cos folguistas da CIG e amosa o seu rexeitamento a unha condena desproporcionada e política.

A CIG inicia folga de fame contra a condena a prisión e tres sindicalistas e a represión á contestación social aos recortes.

Foto: CIG - Local onde se está a celebrar a greve de fame em Ponte Vedra.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.