1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

261112 chocolateGaliza - Projeto Cárcere - Para conmemorar os dous anos da iniciativa cidadá de recuperación do cárcere da Torre como centro sociocultural e da memoria, as xentes de Proxecto Cárcere reunrémonos en frente do edificio ás 12h do Domingo 25 de Novembro.


Tendo o cárcere como testemuña falaremos dos avances e retrocesos deste dous anos, e de como estes nos teñen impulsado para asumir novos proxectos e encontrar perspectivas desde as que continuar con esta iniciativa.

Contaremos nesta visita guíada polo contorno do cárcere coa participación de Manolo Pazos da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Tamén teremos pequenas sorpresas surrealistas a cargo do Grupo Surrealista Galego, faremos tazas costumizadas e outras accións improvisadas que poidan xurdir.

Finalmente brindaremos co doce sabor do chocolate por un novo ano no que esperamos conseguir que as nosas voces sean ouvidas e que as autoridades estean a altura da cidadanía da Coruña.

Proxecto Cárcere convida ao chocolate e as/os asistentes só teñen que traer a súa propia taza e o que queiran para compartir.

De ser as condicións meteorolóxicas demasiado adversas, daremos aviso e a festa será posposta, do contrario esperamos poder contar con todas e todos neste día e pasar unha mañá entretida co fondo da fermosa paisaxe do mar e do cárcere que nos fai bulir, crear e unírmonos para construir a nosa propia cidade, a nosa propia historia.

Un ano máis, parabéns Proxecto Cárcere!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.