Galiza Non Se Vende
Sentimos dor e raiba ao enteirarnos, o luns á noite, da detención d@s nos@s compañeiros e amig@s Xulio Saiáns e Silvia Casal, xunto co seu meniño de oito meses, baixo graves acusacións e por serlles aplicada a lexislación de excepción da lei antiterrorista.
Alegramonos, o mércores á mañá de que Silvia e o seu meniño foron postos en liberdade.
Desde a rede de colectivos GNSV queremos destacar que:
Júlio e Silvia son persoas boas e xenerosas, comprometidas activamente coa defensa ambiental, social e cultural da nosa terra, respetuosas e dialogantes con todas as diferencias de criterio entre os distintos colectivos da nosa rede e cunha traxectoria incuestionábel durante todos os anos que levan luitando polo noso pobo. Sempre foron exemplo de compromiso, tolerancia, xenerosidade e amor pola nosa terra.
Vai todo o noso apoio, o noso cariño e a nosa solidariedade para Julio Saians, ainda preso e incomunicado, Silvia Casal e o meniño de amb@s.
Sentimos vergoña, indefensión e fustración ao ver como o ministerio de interior e a prática totalidade dos medios de difusión subvencionados, se saltan a presunción de inocencia, e criminalizan ás persoas detidas, chegando a ilustrar a nova con fotografías de artefactos inexistentes, cando o propio Ministério, detalla que se requisaron únicamente "axendas, material informático e numerosa documentación". Mentras Silvia é posta en liberdade sen cargos unhas horas mais tarde, despois de sofrir durante varias horas a separación forzosa do seu meniño de 8 meses en idade de lactancia.
En canto a Xulio, ainda preso e incomunicado:
Esiximos que se respeten os seus dereitos fundamentais e a súa posta en liberdade inmediata.
Preocupanos o trato de que poida ser obxecto derivado do "réxime especial" que se lles está aplicando de detención incomunicada a mans da policia ata durante 5 días (sen acceso de avogad@s, familiares, etc.) rexime que foi denunciado desde instancias internacionais para a súa eliminación. Lembremos que o Tribunal de Dereitos Humanos europeu condenou tres veces nos últimos anos ao estado español pola prática de torturas ás persoas detidas.
Preocúpanos o perigo de que poida ingresar en prisión, sen xuízo, por un período que pode durar ata catro anos.
Preocupanos a posibilidade de que, sexa dispersado ilegalmente a unha prisión a centos de Kilómetros da Galiza.
Denunciamos a criminalización das persoas polo seu compromiso, a sua ideoloxia ou a sua pertenza a colectivos sociais.
Pensamos que a lei debería actuar contra os banqueiros e os políticos que os amparan, que son quen inducen á miseria e a morte prematura a milleiros de mulleres, homes, nenas e nenos nun sistema capitalista destrutor do medio ambiente, xenerador de desigualdades sociais e de miseria humana a nivel intelectual, cultural e alimentario. E non ensañarse coa gente comprometida co pobo.
Animamos a participar en todas as mobilizacións que se fagan na súa solidariedade e pola posta en lberdade do compañeiro Xulio.
XÚLIO SAIÁNS LIBERDADE!
DEFENDER A TERRA NON É DELITO
Mércores 31 de Outubro
Briga
BRIGA nom quer ficar à margem das inúmeras amostras de solidariedade e apoio que está a receber a contorna política e pessoal das duas últimas pessoas detidas por alegada pertença a organizaçom terrorista, segundo informaçons vertidas polo Ministério do Interior. A localidade trasanquesa de Narom foi o lugar onde à noite do dia 29 de outubro eram detida e detido Sílvia e Júlio.
Pola enéssima vez, repetem-se as violaçons dos direitos fundamentais ao abeiro da aplicaçom da Lei Antiterrorista, junto com um fidelíssimo programa de alinhamento mediático na difusom da novidade repressiva. Além do mais, umha criança da parelha teria sido retida na esquadra policial durante várias horas, a falta dumha ideia melhor das lúcidas mentes policiais.
A juventude rebelde galega estará sempre do lado de quem se tropeçam com a amarga e escura sombra da acossa política espanhola, especialmente no caso de reconhecidas pessoas de público ativismo social em prol dos nossos direitos coletivos.
SÍLVIA, JÚLIO, LIBERDADE!
AMI
Ontem, passadas as onze da noite, a polícia espanhola seqüestrava a duas militantes independentistas na cidade de Narom.
O Ministério de interior espanhol começou com umha campanha de criminalizaçom e des-informaçom, como podemos ver na informaçom elaborada polas companheiras do Diario Liberdade. Os meios de comunicaçom espanhois e galego-espanhois seguem as informaçons do ministério, acusando as independentistas de formar parte dum suposto «aparelho de financiamento» da suposta «Resistência Galega», cuja existência nom foi provada judicialmente. Eis se vê claro a presunçom de inocência do régime «democrático» espanhol.
Da AMI comunicar todo o nosso apoio as familiares e amigas das duas independentistas detidas.
Liberdade Independentistas!
Venceremos Nós!
MpB
Diante da operación policial orquestrada nos últimos días contra dous independentistas galegos pola chamada Audiencia Nacional, desde o Movemento pola Base queremos comunicar as seguintes reflexións ao conxunto da sociedade galega:
1.-Expresamos a nosa preocupación pola situación do compañeiro Júlio que nestes momentos segue baixo custodia policial en Madrid. Denunciamos máis unha vez a aplicación arbitraria da lexislación "antiterrorista". Informes anuais de organismos internacionais sobre torturas no Estado español fan que vexamos con especial preocupación este punto. Esa mesma lexislación leva aparellado que a Audiencia Nacional poida aplicar prisión preventiva de ata catro anos á espera do xulgamento. Pedimos, polo tanto, a súa inmediata posta en liberdade.
2.- Manifestamos a nosa satisfación pola posta en liberdade da Compañeira Silvia.
3.-Denunciamos aos medios de comunicación públicos e privados que deron por sentada a teoría policial en relación a estes feitos, e que trataron ás dúas persoas detidas até o de hoxe como membros dunha suposta organización terrorista sen a mínima consideración pola súa honra ou dignidade. O circo mediático ao que estamos a asistir e a submisión dos medios públicos e privados ás directrices do Ministerio do Interior evidencian o carácter político desta operación e a intoxicación e manipulación á que é sometida a sociedade.
4.-Denunciamos o silencio sobre o feito que dende as 11:00 da noite do día 29 até as 14:00 do 30 de outubro, un menor de 8 meses de idade estivo baixo custodia policial, até ser devolto aos seus familares impedíndolle á nai amamantalo desde a hora do arresto até as dúas da tarde.
5.- Queremos mostrar a nosa solidariedade con todas as persoas secuestradas e a súa contorna e esiximos que se elimine a dispersión das Compañeiras e Compañeiros presos.
6.-Diante desta situación de excepcionalidade xurídica, reclamamos o cumprimento escrupuloso de todos os dereitos das persoas acusadas ou presas e facemos un chamamento ao conxunto da sociedade para reclamar o pleno respecto aos dereitos e liberdades democráticas sen excepcións.




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.