1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Compos4Galiza - Adiante - O 8 de febreiro de 2009 recorría as rúas de Compostela unha manifestación convocada pola plataforma Galicia Bilingüe, reivindicando a mentira, o auto-odio e a colonización máis absoluta. Fronte a ela, centos de activistas pola lingua saíron tamén á rúa para denunciar a farsa de quen pretendía amosar ao discriminador como discriminado, de quen pretendía amosar os aínda febles pasos da normalización do noso idioma como imposición.


Algunhas destas activistas foron “identificadas por falar en galego, golpeadas brutalmente, detidas e criminalizadas, encanto a minoría extremista deste país que é partidaria de aniquilar a súa língua se manifestaba con protección policial e a compañía de centenas de persoas traídas en autocarros vindos de fóra da Galiza”, e algunhas delas enfróntanse o vindeiro 23 de outubro a un xuízo no que a fiscalía pide 45 anos de prisión para elas, así como a imposición de sancións económicas que superan os 30.000€. 

Por este motivo, desde Adiante chamamos á solidariedade con estas compañeiras organizadas en torno ao “Colectivo de procesad@s @8F_45anos”, e pedimos tamén a participación nas concentracións que terán lugar o luns 22 de outubro ás 20.00h na Praza do Pan, e o martes 23 ás 9:00 horas -coincidindo co comezo do xuízo- nas dependencias de Fontiñas (ambas na cidade de Compostela). Porque non podemos consentir que se persiga a defensa do noso idioma, nin que se manipule a realidade deste país. 

Porque defender a lingua non é delito,

abaixo os muros das prisións!

Foto do Diário Liberdade


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.