Algunhas destas activistas foron “identificadas por falar en galego, golpeadas brutalmente, detidas e criminalizadas, encanto a minoría extremista deste país que é partidaria de aniquilar a súa língua se manifestaba con protección policial e a compañía de centenas de persoas traídas en autocarros vindos de fóra da Galiza”, e algunhas delas enfróntanse o vindeiro 23 de outubro a un xuízo no que a fiscalía pide 45 anos de prisión para elas, así como a imposición de sancións económicas que superan os 30.000€.
Por este motivo, desde Adiante chamamos á solidariedade con estas compañeiras organizadas en torno ao “Colectivo de procesad@s @8F_45anos”, e pedimos tamén a participación nas concentracións que terán lugar o luns 22 de outubro ás 20.00h na Praza do Pan, e o martes 23 ás 9:00 horas -coincidindo co comezo do xuízo- nas dependencias de Fontiñas (ambas na cidade de Compostela). Porque non podemos consentir que se persiga a defensa do noso idioma, nin que se manipule a realidade deste país.
Porque defender a lingua non é delito,
abaixo os muros das prisións!
Foto do Diário Liberdade




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.