Despois dunha mañá de piquetes, a manifestación saíu ás 12 horas da subdelegación de goberno da cidade. A marcha, arroupada por unhas 900 persoas, transcurriu polas rúas da cidade de maneira pacífica mais combativa, contra este ensino socializador de valores burgueses, patriarcal, elitista e caduco. No medio da marcha chegouse a entrar nunha sucursal do Banco Santander, entidade “dona” da universidade pública.
Xa ao chegar ao remate da mobilización diante da Biblioteca Pública e a Delegación da Consellería de Educación da cidade léronse os manifestos das organización convocantes alí presentes. Foi ao remate da lectura destes cando uns centos de estudantes decidiron entrar no edificio para colgar a faixa nas fiestras da biblioteca.
O recibimento que tiveron neste edificio PÚBLICO foi un cordón policial na porta, impedindo así a entrada. Logo de momentos de tensión, a policía arremeteu contra o estudantado coas súas porras, nun acto de represión ao que o sistema xa nos ten acostumadxs (moitxs dxs agredidoxs foron menores de idade). Tamén houbo intentos por parte das forzas de opresión do Estado de deter a algún/has dxs estudantes alí presentes. Foi o exemplo de solidaridade e dignidade dxs participantes o que impediu a captura dxs compañeirxs, e así foi como se conseguiu a fin da carga policial sobre a manifestación. Ante a resposta logo da agresión, víronse desbordados e na obriga a deixar pasar xs militantes estudantis á biblioteca pública, conseguindo así o obxetivo da acción.
O estudantado está canso de pedir e agora esiximos unha educación gratuíta, laica, antipatriarcal e científica. Por moi grande que sexa a coacción do Estado non nos van calar, polo cal pedimos o apoio do pobo ourensán acudindo á concentración convocada o 12 de outubro ás 19h. diante da subdelegación de gobernó contra a represión e en solidariedade cxs feridxs.
Co estudantado rebelde, sempre.
Na loita polo ensino público, nin un paso atrás!
Foto: Protestos na Corunha.

