Para sorpresa de boa parte do público presente en Balaídos, entre dez e quince antidisturbios entraron na bancada de Tribuna cando o primeiro tempo chegaba ao seu remate, e rodearon a un grupo de rapaces que estiveran durante o encontro animando de pe e ondeando unha bandeira do noso país no centro desa bancada. Sacáronos do campo pola forza e sen razón algunha, ante as protestas de boa parte dos siareiros célticos, que non puideron evitar que os rapaces foran expulsados da bancada -algúns deles con bágoas nos ollos- e postos contra a parede e identificados por uns supostos insultos previos, sempre rodeados de numerosos efectivos policiais como se de perigosos delincuentes se tratara.
Hai que ser dunha pasta especial para reprimir e tratar dese modo a rapaces de entre 13 e 15 anos que disfrutaban tranquilamente da tarde ollando aos xogadores dun e doutro equipo sobre o terreo de xogo. Unha rapaza de 13 anos choraba desconsolada sen entender por qué estaban a sufrir ese trato vexatorio e inxustificado, sendo advertidos -co habitual tono ameazante- de que ían recibir sendas multas e prohibicións de entrada en recintos deportivos.
O vindeiro encontro en Balaídos será o Celta-Coruña, e polo que se ve, as forzas da orde están cargandose as pilas para ese día, así que moito ollo, que hai gañas de festa pola súa banda, e tentarán agredir ao maior número de celtistas que poidan, pode que en resposta aos incidentes da pasada tempada, acontecidos días despois de que un policía asasinara en Bilbao a un siareiro do Athletic tras dispararlle unha bola de goma.
Xa o pasado venres, a policía antidisturbios quiso comezar a quentar ese clásico galego cun despregue desproporcionado de efectivos ameazando a siareiros celtistas con escudos e escopetas nas inmediacións do Luar. Ata preto dunha hora despois do remate do encontro non abandoaron a zona, práticamente baleira neses intres.
Dende a nosa peña, o noso ánimo e solidariedade para estes nenos e nenas -celtistas como todos nós, inda que non pertencen a Celtarras-, e a nosa crítica ao clube por permitir que estas desagradables situacións continúen acontecendo no interior da nosa casa.




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.