Ontem, a Assembleia de Desempregados/as concentrou-se à porta do supermercado Dia no que aconteceu a expropriaçom, para manifestar "o rechaço perante a sentença condenatória imposta a seis companheir@s do nosso coletivo, por participarem na acçom de passado 6 de junho". Na concentraçom distribuiu-se um panfleto, que reproduzimos a seguir.
A sentença seguiu à risca o pedido da procuradoria e tivo perfil exemplarizante, desproporcionado e injusto, dada a diferença entre os 25€ de valor dos alimentos expropriados e os 835€ de multa imposta. "Com este juízo tenta-se criminalizar e frear a mobilizaçom social" assegurou no dia da condenaçom a Assembleia de Desempregad@s da comarca.
Na açom pola que os ativistas fôrom condenados/as procedeu-se à expropriaçom de alimentos básicos por valor de 25€ num supermercado da transnacional Dia. A açom "procurava denunciar a dramática situaçom pola que estám a atravessar a cada vez maios de trabalhadores/as desempregados/as que nom percebem prestaçom económica, e que nom tenhem recursos económicos para adquirir esses produtos de primeira necessidade".
Graças ao pagamento de 835€ por estas e estes desempregados, temos a certeza de que os e as acionistas e gestores/as do Dia nom passarám fame.
"Com o conto da crise, os ricos mais ricos e os/as pobres mais pobres"
"A Asemblea de desempregad@s da CIG realizamos esta concentración para manifestar o rechazo à condena imposta a seis compañeir@s do noso colectivo como responsábeis dunha falta de "furto" por participaren nunha acción simbólica que pretendia chamar a atención sobre a dramática situación pola que están atravesar un cada vez maior número de traballadores/as en situación de desemprego, que xa non teñen recurso algún co que poder sobreviver ao esgotar as súas prestacións económicas.
A acción realizada o pasado 6 de xuño ante o establecemento que a multinacional da alimentación DIA ten no centro de Ferrol só tiña un carácter simbólico, pero procuraba desafiar abertamente o pensamento dominante que di que é máis importante o beneficio dunha empresa que a propia supervivencia e benestar das persoas.
Coñecedores deste desafío e conscientes da relevancia da voz de alarma social que conseguimos lanzar, os diferentes axentes implicados na denúncia da nosa acción puxéronse maos à obra para castigala exemplarmente sabedores que dun momento a outro este tipo de accións deixarán de ter ese carácter simbólico e pasarán converterse nunha situación xeneralizada debido às graves dificultades económicas polas que están a pasar moit@s desempregad@s da nosa comarca.
Con esta concentración queremos denunciar publicamente:
- o especial interese da policia española en preparar de maneira pormenorizada todos os detalles da denúncia xulgando de antemao @s nos@s compañeir@s e o sentido da nosa acción, erixíndose desta maneira en fieis defensores da propiedade privada
- ao poder xudicial que admitiu a trámite a denúncia preparada pola policia española e suscrita pola empresa DIA, sentenciándoa de maneira desproporcionada co obxectivo de establecer un castigo exemplar que intente evitar a xeneralización deste tipo de protestas. A multa total imposta @s nos@s compañeir@s ascende a 835€ cando o custo dos produtos de primeira necesidade requisados e devoltos às estanterís do establecemento foi de apenas 25€
- à multinacional da alimentación DIA por continuar adiante con esta farsa dando a entender que lle importa máis ben pouco as causas que motivaron a realización desta acción promovida por traballadoras e traballadores en desemprego, que non queren ficar parad@s ante preocupante crise económica à que nos conduciu este podre sistema chamado capitalismo. Crise da que precisamente se están a beneficiar, entre outras, empresas como DIA que fan negocio con produtos tan elementares para a susbsistencia das persoas. Resulta rechamante que DIA se moleste en reclamar 25.37€ a seis desempregad@s cando o ano pasado experimentou un aumento de beneficios do 150%, que se traducen en 95 millóns de euros que irán engrosar as contas dos propietários da multinacional filial de Carrefour.
Desde a Asemblea de desempregad@s da CIG temos claro que este tipo de castigo non nos impedirán que continuemos na rúa a mobilizarnos polo emprego e a espertar a necesaria consciencia social de ruptura con este sistema que nos nega dereitos tan elementares como son o traballo ou à propia vida en condicións de dignidade.
Non nos calarán!!
Polo emprego e a dignidade, non ficamos parad@s!!"
Foto: Diário Liberdade - Protesto no Dia do juízo contra as seis pessoas desempregadas.




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.