first
  
last
 
 
start
stop
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

121009 presosGaliza - CIG - A central reclama que se garantan os dereitos das persoas presas tras as últimas detencións de cidadáns/ás galegos/as


A Executiva Confederal da CIG decidiu na súa última xuntanza amosar o seu rexeitamento á dispersión penitenciaria que o Goberno español lles aplica sistematicamente os presos/as políticos/as tras as últimas detencións de militantes independentistas galegos/as. Dende a central nacionalista reclaman que se garantan os dereitos das persoas presas e das súas familias e censuran que esta práctica -que conculca a propia lexislación española- castiga tamén a familiares e amigos/as.

O organismo de dirección da central nacionalista decidiu por unanimidade denunciar publicamente esta práctica despois das recentes detencións practicadas pola Policía española no ámbito do independentismo galego e tras comprobar que as persoas arrestadas son recluídas en prisións que se atopan a centos e centos de quilómetros do noso país.

Dende a central nacionalista critican que con esta política de dispersión penitenciaria que o Estado español aplica dende hai máis de tres décadas unicamente contra os presos/as políticos/as penalízase tamén ás súas familias e amizades. Neste senso, lembran que a tanto a propia Lei Penitenciaria como a Constitución españolas establecen o dereito dos presos/as a permaneceren recluídos en centros que se atopen o máis cerca posíbel do seu domicilio habitual.

Finalmente, salientan que os constantes incumprimentos nesta materia por parte do Goberno español motivou numerosas denuncias de distintos organismos e institucións internacionais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.