1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

061012 pintosferrolGaliza - CIG - Ante o anuncio do Partido Popular de que denunciará á central, o Secretario Xeral advirte que se lle dará a desposta acaída.


A CIG denuncia a carga policial e a detención e torturas padecidas polo compañeiro Xesús A. López Pintos, responsábel da central sindical na comarca de Ferrol. A este respecto, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, manifestaba ás portas dos xulgados de Ferrol que estas actitudes, veñen demostrar a política represiva da que se vale o PP para acalar e reprimir todas aquelas voces que se levantan contra as súas medidas antisociais e antiobreiras.

Para conseguir este obxectivo, denunciou, "o Partido Popular recorre a todos os medios: criminalización da mobilización social, uso da represión e brutalidade dos elementos máis fascistas da policía, manipulación na prensa ou a utilización dos xuíces afíns para tentar desprestixiar calquera oposición activa".

O secretario xeral da CIG foi especialmente contundente denunciando a detención de Pintos e as torturas ás que foi sometido na comisaría. "Esta situación empeza a lembrar a épocas do franquismo" advertiu.

O compañeiro Pintos permaneceu esposado máis de dúas horas. Tempo no que, a cada pouco, padeceu os golpes dun policía cunha luva de coiro, na cara e no corpo, mentres o insultaba e ameazaba, tanto a el como á central sindical. Estes feitos xa foron todos denunciados diante do xuíz, ao que se lle reclamou que abra unha investigación para depurar responsabilidades.

Ante o anuncio do Partido Popular de que denunciará á CIG diante da Xunta electoral, Seixo explicou que a asesoría xurídica da central estudará os termos de dita demanda e dará todas as respostas necesarias contra este novo intento de criminalización do sindicalismo nacionalista. Matizou ademais, que a protesta realizada en Ferrol non foi convocada pola CIG, senón que estaba convocada polo Comité de Navantia, no marco do calendario de mobilizacións que dende hai máis de un ano veñen desenvolvendo para reclamar carga de traballo para o sector e a construción do dique flotante.

"Na CIG xa estamos afeitos ás persecucións e ás represións por parte do PP. Por iso tampouco nos estraña que intente agora culpabilizar á CIG. Pero isto non nos vai facer calar nin nos vai atemorizar. A CIG seguirá dando a batalla en todas as frontes e contra o conxunto de políticas antisociais e de recortes do PP".

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.