1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

240912 adiantelogoGaliza - Diário Liberdade - A organizaçom juvenil emitiu um comunicado no que se pede a liberaçom de "todos e todas as presas políticas galegas".


Adiante é a organizaçom juvenil da FPG, partido independentista que nom se pronunciou publicamente sobre as detençons, incomunicaçons e denúncias de tortura a quatro independentistas na semana passada. Sim emitírom comunicados solidários e críticos com a repressom espanhola algumhas assembleias comarcais de Anova (como o caso da de Compostela), na qual a FPG está integrada.

Contodo, a coligaçom liderada por Xosé Manuel Beiras -que concorrerá coligada com IU às vindouras eleiçons galegas- nom se pronunciou no ámbito nacional.

Reproduzimos a seguir o texto de Adiante:

Ante as detencións que se deron esta semana en Galiza, ADIANTE quere amosar o seu rexeitamento a este tipo de procesos xudiciais de corte político orquestrados dende a Audiencia Nacional, por un sistema xudicial que non recoñecemos como lexítimo. Esiximos a liberación de todxs xs presxs políticxs galegxs, e facemos un chamamento á mocidade galega para mostrar a súa solidariedade con elxs.

Este sábado cinco persoas foron detidas. Unha foi posta en liberdade ao momento e as catro restantes foron levadas a declarar ante a Audiencia Nacional en Madrid, amparándose na chamada "Lei antiterrorista", de carácter fascista e que suprime os "dereitos" constitucionais do suxeito. Todos os presos foron postos a disposición xudicial, ordenando o xuíz Pablo Ruz o seu ingreso en prisión preventiva e sen fianza.

Segundo denuncian os acusados, na comisaría recibiron malos tratos físicos e psicolóxicos, produto da permivisidade e complicidade do sistema capitalista, e que levaron a dous deles a firmar declaracións auto-inculpatorias. ADIANTE condena estas actitudes totalitarias que se dan dentro da mal chamada "democracia" e Estado de dereito.

Ante isto, esiximos a derrogación da "Lei antiterrorista" que permite a vulneración dos Dereitos Humanos e permite a dispersión dxs implicadxs, agravando así o seu propio sufrimento e o de familiares e amizades, con quen nos solidarizamos. Tamén criticamos o circo mediático e a actitude da prensa, que tomou a versión policial como verídica, faltando así ao principio da presunción de inocencia.

Foto: Adiante


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.