1.-Expresamos a nosa preocupación pola situación dos compañeiros que nestes momentos seguen baixo custodia policial en Madrid, sen que os seus avogados, familiares e compañeiros saiban absolutamente nada sobre o seu estado físico. Denunciamos máis unha vez a aplicación arbitraria da lexislación “antiterrorista”. Informes anuais de organismos internacionais sobre torturas no Estado español fan que vexamos con especial preocupación este punto. Esa mesma lexislación leva aparellado que a Audiencia Nacional poida aplicar prisión preventiva de ata catro anos á espera do xulgamento, como puidemos comprobar hoxe mesmo co ingreso en prisión dun dos detidos. Pedimos, polo tanto, a súa inmediata posta en liberdade.
2.- Desde o sábado, día no que comenzou este proceso aberto polo tribunal de excepción español, os medios de comunicación públicos e privados deron por sentada a teoría policial en relación a estes feitos, que trataba as cinco persoas detidas até o de hoxe como membros dunha suposta organización terrorista sen a mínima consideración pola súa honra ou dignidade. O circo mediático ao que estamos a asistir e a submisión dos medios públicos e privados ás directrices do Ministerio do Interior evidencian o carácter político desta operación e a intoxicación e manipulación á que é sometida a sociedade.
3.- Queremos mostrar a nosa solidariedade coas persoas detidas e a súa contorna e esiximos que o seu sufrimento non se vexa agravado pola medida ilegal da dispersión.
4.-Diante desta situación de excepcionalidade xurídica, reclamamos o cumprimento escrupuloso de todos os dereitos das persoas acusadas ou presas e facemos un chamamento ao conxunto da sociedade para reclamar o pleno respecto aos dereitos e liberdades democráticas sen excepcións.
Foto: J. de Arcos - Polícia mantém algemado HMG enquanto o grava diante da sua própria casa.