A mobilización foi desenvolvida de maneira lúdico-festiva á par que reivindicativa, dentro de coordenadas pacíficas e de respecto á veciñanza e peóns, rematando na Praza do Ferro sen ningún altercado, agás a identificación por parte da policía local de tres participantes, identificación que levou a apertura obligada pola policía dunha faixa de ADIANTE que estaba enrolada no transcurso da manifestación. É salientable o feito de que a policía non puxera ningún inconveniente na continuación da rondalla até o final.
Queremos condenar de maneira taxativa a actitude fascista e persecutoria contra a disidencia ourensá por parte do inquisidor subdelegado do goberno Roberto Castro García, que emprendeu unha criminalización de carices ideolóxicos contra a militancia independentista aplicando multas a participantes da mobilización. Tamén é “curioso” que xente que non estivo na manifestación fose multada polo mesmo motivo, simplemente pola súa adscrición política, tirando dunha lista con nomes de militantes en mans da Subdelegación. O feito do que se inculpa á mocidade é o de reunión ilegal, como no franquismo. Denunciamos esta actitude e non descartamos emprender algún tipo de acción legal.
ADIANTE lamenta a precipitada resposta e a falta de coordinación de outros colectivos para conducir de maneira democrática e consensuada a campaña de solidariedade contra a represión na cidade de Ourense. Este feito levou á non participación de ADIANTE nin no comunicado nin na rolda de prensa e por conseguinte non lexitimamos ás voceiras/os da asemblea e tampouco consideramos oportuno que se falara no noso nome.
A RÚA É DO POBO. NON ÁS PERSECUCIÓNS POLÍTICAS!
Foto: Adiante

