A CUT manifesta a nosa máis enérxica repulsa á actuación da policía española. Causa alarma real, que un feito desta gravedade quede no limbo da confusión, resumindo os acontecementos con epítetos como “actuación desproporcionada”, cando a todas luces é unha manifestación crúa do verdadeiro talante incívico e antidemocrático deste corpo policial. Hoxe foi un traballador da prensa, pero onte, o ano pasado e fai cinco, foron miles de traballdor@s que pasaron por esta mesma situación.
Desde a CUT entendemos que tod@s, a sociedade civil, o periódico e o propio traballador agredido, debemos de esixir a depuración de responsabilidades e que este feito non quede no anecdotario do desagradable, chegando ate as últimas consecuencias para que non se esqueza en catro días.




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.